III Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2014
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o III Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2014, tras o éxito conseguido nas anteriores edicións e referendado polos nosos competidores nos campionatos estatais SpainSkills 2011 e SpainSkills 2013, onde se conseguiron dez e once medallas, respectivamente.
O CIFP Compostela participa nos Skills de Cociña, Pastelaría e Servizo de restaurante e bar.
|
Ler máis...
|
Preto de 200 alumnos e alumnas dos últimos cursos de cada ciclo formativo e de todas as familias profesionais, que se imparten no CIFP Compostela, participaron no día de hoxe no Programa eduemprende – Actúa.
O Programa eduemprende Actúa, é unha acción formativa dirixida ao alumnado de segundo curso dos ciclos formativos dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento profesional.
|
Ler máis...
|
O alumno Gabriel Vilar Longarela, ven de proclamarse campión da edición 2014 do concurso de cotelaría José Rodriguez-Moldes rey de Pontedeume.
O alumno está matriculado no ciclo superior de Dirección de Servizos en Restauración, foi acompañado polo seu profesor D. Antonio Servia e do outro alumno do mesmo ciclo formativo, quen tamén participou no concurso, Diego Fernando López Crego.
|
Ler máis...
|
Profesorado e alumnado, asisten a un curso de formación, conxuntamente con representantes de empresas do sector da restauración de toda Galicia, na aula de I+D+i do CIFP Compostela.
A actividade formativa transcorreu na tarde do luns 13 de xaneiro, dirixida pola empresa Sosa Ingredients SL, para preto de corenta asistentes.
|
 |
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Prev 21 22 23 24 Próximo > Fin >>
|
Páx. 24 de 24 |