Pago de taxas para expedición de título:
O pago de taxas de expedición titulo pode realizarse no seguinte enlace:
http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos
A continución ticade en "Enlaces Asociados: Modelo I": 
Premede no botón "Iniciar taxa" en acceso libre, xa tedes acceso á tramitación do pago electrónico ou presencial. Lembrade que, tamén, as distintas entidades bancarias colaboradoras poñen a vosa disposición impresos de autoliquidación.
Facilitamos, nos seguintes enlaces, os distintos códigos a cumprimentar e importe a ingresar:
Técnicos.
Técnicos Superiores.
Unha vez realizado o pago (telemático ou presencial), deberedes enviar a copia do ingreso "Exemplar para a Administración" ao correo electrónico do CIFP Compostela:
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
|
Acreditación de competencias. Convocatoria 2020
Informamos do correo electrónico de contacto para Acreditación de competencias:
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
Pregamos utilicen esta conta para facilitar a comunicación.
|
Nota informativa do Departamento de Orientación e Información Profesional: Asesoramento individualizado.
Informamos que, para todo aquel alumnado que necesite asesoramento individualizado de orientación, pódese concertar cita coa nosa orientadora no correo:
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
|
Podedes consultar a convocatoria, normas de presentación, instrucións para matrícula e impresos para á proba de avaliación de bacharelato para acceso á Universidade nos seguintes enlaces.
CONVOCATORIA DE MATRÍCULA NA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE. (CONVOCATORIA ORDINARIA ·XULLO DE 2020)
NORMAS DE PRESENTACIÓN DO ALUMNADO AOS EXAMES E NORMAS DE REALIZACIÓN ABAU - 2020.
INSTRUCCIÓNS PARA A MATRÍCULA PARA ALUMNADO DE CENTROS DA C. A. DE GALICIA.(ABAU -2020)
Apartado B): PROCESO MATRÍCULA para alumnado de Ciclos Formativos de Grao Superior de centros da C.A. de Galicia. Prazo: Do 1 ao 17 de xuño.
IMPRESOS ABAU - 2020 |
29/05/2020
Publicada a Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A Resolución establece as datas do período de solicitudes de matrícula para as probas libres de títulos LOE de formación profesional e as datas para a celebración das probas.
"Artigo 2. Matriculación: 1. O período de presentación de solicitudes de matrícula será do día 1 ao 12 de xuño de 2020".
"Artigo 4.Calendario de desenvolvemento da proba. As probas realizaranse na primeira quincena do mes de setembro, o que permitirá ás persoas aspirantes dar continuidade ao seu itinerario formativo."
|
Novas datas para o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias. Convocatoria 2020
Mar, 26/05/2020 - 17:51
Publicada a Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre o restablecemento do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).
|
Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020
Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.
A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.

|
Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial
Ven, 22/05/2020 - 17:54
Resolución, do 22-05- 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da Consellería.
Resolución, do 22-05- 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional |
|
|
|
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>
|
Páx. 4 de 23 |