Martes, 26 Xaneiro, 2021
INICIO-NOVAS
Licitación cafeterías escolares: publicación do anuncio no perfil do contratante

Licitación cafeterías escolares: publicación do anuncio no perfil do contratante

Anuncio de licitación da contratación da concesión dos servizos de cafeterías en 108 centros escolares da provincia de A Coruña para os cursos 2020-2021 e 2021-2022 coa posibilidade de ser prorrogada aos cursos 2022-2023 e 2023-2024.

Este anuncio está publicado no perfil do contratante da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.contratosdegalicia.gal) . 
 

  • O prazo de presentación de propostas dos operadores económicos interesados está aberto e finaliza o día 23 de xuño de 2020 ás 14 horas.

  • As proposicións presentaranse a través da plataforma de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) aloxada na dirección:

http://www.conselleriadefacenda.es/silex

CONSULTAS:

Segundo o apartado 22 do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares:

- As consultas relacionadas cos pregos, condicións xerais de contratación, adxudicación e co desenvolvemento da licitación dirixiranse á Xefatura Territorial da Coruña, a través dos teléfonos 981 184 745 e 981 184 730.

- As consultas relacionadas coa situación e características das instalacións das cafeterías dirixiranse a cada un dos centros educativos.

- As consultas ou incidencias relacionadas coa presentación electrónica das ofertas realizaranse na páxina web https://silex.conselleriadefacenda.es/SLE_Internet segundo o procedemento descrito no citado apartado 22 do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares.

 
Aclaración das instrucións para a xestión dos reintegros de bolsas e axudas ao estudo 2019-2020

Aviso Bolsas Ministerio Educación:

Importante consultar polo alumnado que  realiza actividade sustitutiva ou apraza a FCT: Aclaración das Instrucións para a xestión dos reintegros de bolsas a axudas ao estudo 2019-2020.

Ante as dúbidas xurdidas sobre a aplicación das instruccións para a xestión dos reintegros da convocatoria das bolsas do curso 2019-2020, o Ministerio de Educación e Formación Profesional, procede a facer as aclaracións que podedes consultar no seguinte enlace: Aclaracións sobre as instrucións para a xestión dos reintegros_MEFP

 
Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 (Ciclos superiores) de outubro a decembro de 2020

Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2020.

O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.

A causa da crise sanitaria do COVID-19 esta convocatoria queda aprazada ata novo aviso.

Pódese serguir as medidas específicas do Programa Erasmus+ na incidencia epidemiolóxica COVID-10 no senguinte enlace: http://sepie.es/coronavirus.html

 
Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 (Ciclos Medios) de outubro a decembro de 2020

Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 para a realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2020.

O programa Erasmus+KA102, vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades VET dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea.

A causa da crise sanitaria do COVID-19 esta convocatoria queda aprazada ata novo aviso.

Pódese serguir as medidas específicas do Programa Erasmus+ na incidencia epidemiolóxica COVID-10 no senguinte enlace: http://sepie.es/coronavirus.html

 
INSTRUCIÓNS PARA A XESTIÓN DOS REINTEGROS DE BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO. CURSO 2019-20

Aviso Bolsas Ministerio Educación:

Instrucións para a xestión dos reintegros de bolsas e axudas ao estudo correspondente ao curso 2019-2020 dependentes do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Proporcionamos enlace ao comunicado acerca das bolsas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación e Formación Profesional, informando da situación ante a crise do COVI - 19 e as súas correspondentes instrucións: Instrucións para a xestión dos reintegros_MEFP

 
Modelos de exame ABAU 2020

Para aquel alumnado que estea interesado, achegamos enlace de consulta a modelos de exame ABAU por materia: Modelos de exame ABAU

 

Fonte: https://ciug.gal/gal/abau/modelos

 
Resolución pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de F.P.

Resolución pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial

Xov, 23/04/2020 - 14:19

Publicada a Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial.

 
Nota informativa do CIFP Compostela. Alumnado Ciclos superiores: ABAU e traspaso expediente a NERTA

Nota informativa do CIFP Compostela. Alumnado Ciclos superiores: probas ABAU e traspaso expediente á aplicación NERTA.

 Infórmase ao alumnado de Ciclos Superiores que desexe presentarse ás ABAU que poden solicitar o traspaso do seu expediente á aplicación NERTA e recibir o impreso de prematrícula a través do correo do CIFP Compostela: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Páx. 5 de 23