Mércores, 13 Novembro, 2019
INICIO-NOVAS
Resolución definitiva de admitidos no proxecto Erasmus+ KA 103

Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.

Resolución definitiva .

A Resolución definitiva da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2018-2020) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS KA 103.

 
Resolución provisional para a realización da FCT no estranxeiro (Modalidade A)

Relación de resultados de baremación de solicitudes para a realización da FCT no estranxeiro (Modalidade A).

Resolución provisional .

A Resolución provisional da baremación de solicitudes de para a realización da FCT no estranxeiro (Modalidade A), que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación  (O prazo finaliza o 10/07/2018 ás 14.00)

 
Relación de resultados de baremación de Solicitudes Erasmus+ KA 102

Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 102.

Resolución provisional .

A Resolución provisional da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 102 (2019-2021) para estudantes de Ciclos Medios, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS KA 102.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación  (O prazo finaliza o 10/07/2018 ás 14.00)

 
Relación de resultados de baremación de Solicitudes Erasmus+ KA 103

Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.

Resolución provisional .

A Resolución provisional da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2018-2020) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS KA 103.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación  (O prazo finaliza o 10/07/2018 ás 14.00)

 
INFORMACIÓN XERAL DE ADMISIÓN. CURSO 2019/2020

Información xeral de admisión. Curso 2019/2020

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Réxime ordinario

Este réxime está organizado en dous cursos en quendas de mañá e tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo

A asistencia ás clases é obrigatoria.

O alumnado que estea en condicións de pasar ao segundo curso ou teña que repetir o curso deberá realizar unha solicitude de admisión. Terá a praza garantida sempre que o curse no ano seguinte e por primeira vez no mesmo centro e ciclo.

Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.

A asistencia ás clases é obrigatoria.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Si é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor/a do curso.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo e existan prazas vacantes ao final do proceso.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. A praza non está garantida, aínda que cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).

Pode ampliar información en: http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral

 
PREVISIÓN DE HORARIOS DE GRUPOS OFERTA MODULAR. CURSO 2019-2020

A continuación publícase a previsión de horarios en oferta modular do CIFP Compostela para o curso 2019-2020:

Cociña e gastronomia completo

 

Servizos en restauración completo

 

Direccion de cociña Completo

 

 

Direccion servizos completo

 

Educación Infantil Completo

 

APSD Completo

 

 
Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2018-2019

Horarios probas libres (2ª Parte). Curso 2018-2019. CIFP Compostela.

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Pode consultar os horarios das probas libres (2ª Parte) no seguinte enlace:

Horarios probas libres (2ª parte). Curso 2018-2019. CIFP Compostela

 

 
ADMISIÓN Á FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL

Admisión a FP dual


Requisitos das persoas solicitantes

  • Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I.
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As persoas interesadas presentarán unha única solicitude, utilizando o formulario normalizado do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran na Oferta clasificada por concello, preferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.

Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 24 de xuño ata as 13.00 horas do día 2 de xullo de 2019.

 
 
Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

  • Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
  • No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:
    https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

Pódese ampliar información no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia

 
<< Inicio < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Próximo > Fin >>

Páx. 2 de 15