Luns, 20 Novembro, 2017
Viveiro de empresas

Coordinación de emprendemento

Contextualización

O contexto productivo no que se atopa o CIFP Compostela, satisfai as necesidades formativas e de inserción laboral, das familias profesionais de Artes Gráficas, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Indústrias Alimentarias e Hostalaría e Tursimo.

O CIFP Compostela pretende impulsar proxectos relacionados coa cultura emprendedora, así como apoiar proxectos no ámbito do centro integrado, e formular propostas para fomentar a cultura emprendedora nas actividades que se desenvolvan no centro.

Para elo comprometese na motivación do alumnado e das persoas que xa rematasen os seus estudos e facilitarlles o acceso aos programas e ás actividades de emprendemento que se realicen, así como propor, planificar e xestionar os correspondentes programas e actividades.

Planifica tamén actividades nos viveiros de empresas, cos espazos e cos recursos que lles permitan ás persoas emprendedoras a posta en marcha de proxectos de emprendemento e o seu seguimento.

Dar igualmente difusión, entre outros centros as accións de emprendemento que se realicen, pondo en valor os programas e as actividades de emprendemento desenvolvidas no centro.

As accións de emprendemento van dirixidas preferentemente a alumnado que cursa o seu segundo curso do ciclo formativo, asi como a´s persoas que xa remataron os seus estudos no CIFP Compostela.

Obxectivos

Impulsar proxectos relacionados coa cultura emprendedora, así como apoiar proxectos empresariais ou de autoemprego e ideas de negocio que, de ser o caso, poidan xurdir no ámbito do centro, e formular propostas para fomentar a cultura emprendedora nas actividades que se desenvolvan no centro integrado.

Destinatarios

Alumnado dos 2º Cursos, da oferta ordinaria e modular, no grao medio e superior.

Xestión

Coordenadora de Emprendemento, o Dpto. de FOL e profesorado, para decidir o día e hora tendo en contra o horario do alumnado

Responsables das tarefas asignadas

Coordenadora de Emprendemento do Dpto. de IOP

Dpto. de Inf. e Orientación Profesional

Accións de plan anual do CIFP Compostela previstas para o curso 2016-2017

Visita ao evento CIDADE CREATIVA

O xoves 30 de marzo a Coordinación de Emprendemento, xunto cos membros do Departamento de Fol, asistiron ao evento  "CIDADE CREATIVA", un   networking de emprendedores na sala Eisenman da Cidade da Cultura  organizado polo Centro de Emprendemento Gaiás.

O evento tivo un horario de 11 a 22 horas, no que tiveron lugar demostracións, performances, charlas, photocalls, música en directo, no que cincoenta emprendedores puideron dar a coñecer os seus traballos ao público asistente, nun intercambio de coñecementos e experiencias en vivo.

Imaxes da actividade:

4351-e

 

Encontro co alumnado do CIFP Compostela

O equipo de ReTnova estivo no CIFP Compostela no marco das xornadas “Habilidades e técnicas de busca de emprego”. Ver información na seguinte ligazón:

 http://www.retnova.com/gl/post/encontro-co-alumnado-do-cifp-compostela

 

Participación no Simposio Iberoamericano organizado poa Red Emprendía

Tivo lugar na Cidade da Cultura do 21 de setembro ao 1 de outubro do 2016. Algunas imaxes do mesmo:

IMG 4830IMG 4770IMG 4771IMG 4829

 

Accións do plan anual do CIFP Compostela previstas para o curso 2015-2016

§Participación en experiencias no viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago.

§Participación en charlas de emprendemento en rexime de cooperativas.

§Participación en actividades de autoemprego no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

§Actividades de colaboración co Viveiro de Empresas do CIFP Politécnico de Santiago.

 

 

Imaxes

12