Sábado, 20 Xullo, 2019
1º premio coctelaría no concurso Rodriguez Moldes 2014 PDF Imprimir E-mail

O alumno Gabriel Vilar Longarela, ven de proclamarse campión da Gabriel-2edición 2014 do concurso de cotelaría José Rodriguez-Moldes rey de Pontedeume.

O alumno está matriculado no ciclo superior de Dirección de Servizos en Restauración, foi acompañado polo seu profesor D. Antonio Servia e do outro alumno do mesmo ciclo formativo, quen tamén participou no concurso, Diego Fernando López Crego.

Gabriel e Diego

Este concurso que se celebra cada ano no IES Fragas do Eume, conmemora a memoria da figura do profesor de cociña que dá nome ao concurso.

No apartado de coctelería, o xurado valorou a destreza, coñecementos e técnica dos participantes a partir de un recetario internacional.

Nesta edición participaron o CIFP Paseo das Pontes de A Coruña, o IES Fragas do Eume de Pontedeume, a Escuela de Especialidades Fundamentales da Estación Naval de A Graña (Esengra), o CIFP Compostela de Santiago, o IES de Foz, o IES Sanxillao de Lugo, o CRP Belarmino Fernández Iglesias, de Sober, o CIFP Manuel Antonio de Vigo, o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e o IES de Vilamarín de Ourense. En total foron 20 alumnos concursantes dos diferentes centros educativos de toda Galicia.

Gabriel-1