Sábado, 20 Xullo, 2019
174 alumnos e alumnas participan no Programa eduemprende-Actúa PDF Imprimir E-mail

Preto de 200 alumnos e alumnas dos últimos cursos de cada ciclo formativo e de todas as familias profesionais, que se imparten no CIFP Compostela, participaron no día de hoxe no Programa eduemprende – Actúa.

O Programa eduemprende Actúa, é unha acción formativa dirixida ao alumnado de segundo curso dos ciclos formativos dos centros sostidos con fondos públicos de Galicia para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento profesional.

Obxectivos

Actualizar os conceptos de empresario, emprendedor e actividade emprendedora.

Achegar a realidade emprendedora ao centro educativo coa presenza activa do persoal técnico do IGAPE e dunha persoa emprendedora que de a coñecer ao alumnado a súa experiencia persoal.

Por en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e o alumnado na aula.

Dar a coñecer entidades que orienten, axuden e sirvan de soporte para a canalización da iniciativa dos emprendedores.

Desenvolvemento

Fase 1: Achegamento á actividade emprendedora. O profesorado realiza unha sesión na aula para presentar e reflexionar sobre a actividade que se vai desenvolver na fase 2.

Fase 2: A actividade emprendedora como unha alternativa laboral para o alumnado.
Participación de persoal técnico do IGAPE e presentación dunha persoa emprendedora que comparta co alumnado a súa experiencia persoal.

Fase 3: Análise na aula entre o profesorado e o alumnado participante na actividade para obter conclusións.

Experiencias aportadas

Dous antigos alumnos e empresarios na actualidade compartiron as súas experiencias co alumnado asistente, en concreto foron D. Álvaro Pérez, propietario do gastrobar “Arte Sana “ en Santiago de Compostela e antigo estudante do CM de Servizos en Restauración e por outra banda estivo D. Diego López xerente actual do restaurante “La Molinera” de Lalín e candidato a mellor cociñeiro do ano no Forum Gastronómico Coruña-14.

Estes dous empresarios, que non superan a trintena, amosaron con soltura e moita experiencia as súas andainas dende a idea inicial ate a consecución de obxectivos, que en ámbolos dous casos teñen acadado, consolidando os seus negocios a pesares dos tempos que corren.

alvaro perezdiego lopez

Álvaro Pérez                                                  Diego López