Xoves, 20 Xuño, 2019
Cea a cegas no CIFP COMPOSTELA
Mércores, 14 de Marzo de 2018 14:02

cea a cegas

 

O CIFP celebrou unha "Cea a cegas" en colaboración coa ONCE. Na súa organización e servizo estiveron implicados alumnos e alumnas do Z.S. de Dirección de Servizos, Z.S. de Dirección de Cociña e do C.S. de Xestión de Aloxamentos. Noraboa polo voso traballo!

Esta actividade puido realizarse gracias a Laura Salvador e Ángeles Fernández, técnicas da ONCE que, previamente, impartiron formación tanto ao alumnado como ao profesorado.

Asistiron afilidados da ONCE, alumnado do C.S. de Integración Infantil e C.M. de Atención a Persoas en Situación de Dependencia ademais de contarmos coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o director xeral de Inclusión Social da Xunta, Arturo Parrado Puente; o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan e a subdirectora xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, María Eugenia Pérez Fernández.

Última actualización el Mércores, 14 de Marzo de 2018 14:11