Martes, 16 Outubro, 2018
Acreditación. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018.alt

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para realizar un recurso de alzada: do 5 de abril ao 4 de mayo de 2018, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar un recurso de alzada no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú, e posteriormente entregalo nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa.

Nas listaxes definitivas figuran as persoas admitidas e/ou excluídas agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia:

15016000 - CIFP Compostela

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

 Listaxe definitiva de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria

 Pódese ampliar información consultando o enderezo: http://www.edu.xunta.es/fp/definitivas-admitidos-acreditacion-2018