Xoves, 24 Maio, 2018
Convocatoria da Reunión obrigatoria de Acollemento de probas libres.


Convocatoria da Reunión obrigatoria de Acollemento de probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2017-2018

 

Convocatoria da reunión obrigatoria de acollemento das probas libres

 

 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2017-2018

 

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Prazo de solicitude de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13:00 h.

Calendario de admisión

Máis información, requisitos e solicitudes de inscrición en: http://www.edu.xunta.es/fp/probas-libres-convocatoria-actual

 

Horarios DA PRIMEIRA PARTE de probas libres no CIFP COMPOSTELA

Pódense consultar os horarios nos seguintes enlaces.

Artes gráficas.

Hostalería e Turismo.

Industrias Alimentarias.

Servizos Socioculturais e á Comunidade.


Extracto de programacións

Pódese consultar o extacto de programación (por ciclos e módulos) do CIFP COMPOSTELA, no seguinte enlace: Extracto programacións de probas libres-CIFP COMPOSTELA