Luns, 18 Marzo, 2019
Convocatoria de 1 bolsa para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (2018-2020)

Convocatoria de 1 bolsa para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (2018-2020)

 

Obxecto da convocatoria

Concesión de 1 bolsa Erasmus+ K103 de Mobilidade de Persoal para Formación (Staff Mobility for Training Mobility Agreement) mediante un período de observación job shadowing nunha empresa dun país pertencente ao Programa Erasmus+ KA103, cunha duración total de cinco días.

Destinatarios

Profesorado de Ciclos Formativos de Graos Superiores, con destino no CIFP Compostela durante o curso 2018/2019, interesado en realizar unha estadía formativa de 5 días de duración nunha empresa, en período de observación “job shadowing” (dentro do prazo comprendido entre o 1/3/2019 e o 31/05/2020) no ámbito da Unión Europea ou en países do Programa non pertencentes á UE . Importante: a concesión da bolsa queda suxeita a que no intre de comezo de realización da estadía formativa, o docente teña como destino o CIFP Compostela, ben sexa de xeito provisional ou definitivo.

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 14 de marzo ao 14 de abril de 2019, ámbolos dous incluídos.

Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.

 

Documentos necesarios para participar no proceso de selección

 Solicitude de participación (recoller na conserxaría do CIFP Compostela, ou consultar na web do centro), copia de DNI ou equivalente, certificado de idioma se fose o casoe proxecto de actividadecorrespondente a formación a realizar no país de destino, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación ou calendario previsto, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula.  A solicitude débese entregar na Secretaría do centro, dentro do prazo establecido.