Domingo, 22 Setembro, 2019
Acreditación de competencias. Listaxes definitivas. Convocatoria 2019

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para realizar un recurso de alzada: do 28 de marzo ao 26 de abril de 2019, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar un recurso de alzada no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú , e posteriormente entregalo nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa.

Nas listaxes definitivas figuran as persoas admitidas e/ou excluídas agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

Pode consultar as listaxes definitivas do CIFP COMPOSTELA nos seguintes enlaces:

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

Listaxe definitiva de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria

Poden ampliar información en: http://www.edu.xunta.es/fp/definitivas-admitidos-excluidos-acreditacion-2019