Sábado, 20 Xullo, 2019
Convocatoria de bolsas Erasmus+ Ka 102 (Ciclos Medios) para FCT (Outubro - Decembro 2019)

Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 para realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2019.

O programa Erasmus+KA102, vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades VET dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea. Ao mesmo tempo recibimos alumnado deses outros países para que realicen as súas prácticas en Galicia.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 3 becas Erasmus+ K102 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea condicionadas á concesión do proxecto.

Destinatarios

Alumnado, en OFERTA MODULAR , matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grao Medio, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-20 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 10 de maio ao 27 de maio de 2019.

Farase unha reunión informativa o xoves conxunta para KA 102 /KA 103 os días 9 de maio de 2019 ás 19.00 horas na “Sala de reunións” aula “Parlamento”.

Podedes ampliar a información no seguinte enlace: INFORMACIÓN BOLSAS ERASMUS+ KA 102 (CIFP COMPOSTELA)

 eramusCofinanciado Erasmus