Martes, 21 Maio, 2019
CONVOCATORIA DE BOLSAS ERASMUS+ KA 103 (CICLOS SUPERIORES) PARA FCT (OUTUBRO - DECEMBRO 2019)

Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2019.

O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 6 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103.

Destinatarios

Alumnado en OFERTA MODULAR E A DISTANCIA, matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grado Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-20 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 10 de maio ao 27 de maio de 2019.

Farase unha reunión informativa o xoves conxunta para KA 102 /KA 103 os días 9 de maio de 2019 ás 19.00 horas na “Sala de reunións” aula “Parlamento”.

Podedes ampliar información no seguinte enlace: INFORMACIÓN BOLSAS ERASMUS+ KA 103 (CIFP COMPOSTELA)

 eramusCofinanciado Erasmus