Luns, 18 Marzo, 2019
Medalla de bronce en Skill - 2011

Medalla de bronce en Pastelaría, Repostaría e Confeitaría Skill - 2011

O alumno JUAN RAMON TOCINO BARREIRO acada a medalla de bronce na Olimpíada de Formación Profesional Skil-2011, celebrada en Madrid entre os pasados días 4, 5, 6, 7 e 8 de abril. 

Este alumno do ciclo medio de Pastelaría, Repostaría e Confeitaría, do CIFP Compostela, representou a Galicia na presente edición de Skill-11, conxuntamente con representantes de outras especialidades de formación profesional, sumándose as doce medallas que trouxo Galicia este ano, que por certo quedou terceira no medalleiro español. 

Durante unha semana este alumno, tivo que desenvolver actividades propias do sistema produtivo, seleccionadas polo xurado reitor da competición que consistiron entre outras, na elaboración dunha receita de pastelaría clásica, no elaborado, modelado e presentación de diferentes figuras de mazapán, na elaboración de diferentes bombóns de chocolate, na creación propia e innovadora dunha receita dun pastel, na elaboración dunha torta para un evento determinado adornado  con figuras de chocolate, todo elo en tempo e aplicación de técnicas axeitadas a cada procedemento, nunha situación de traballo dun posto produtivo real.  

Si cabe, debemos destacar a enorme tensión vivida competindo cos representantes de todas as Comunidades Autónomas diante de medios de comunicación e público en xeral, dado que se trata dunha competición totalmente aberta ao público. 

Quizais o máis salientable deste tipo de competicións, é a diferenza con outro tipo de concursos onde se valora máis o resultado final do produto presentado que as técnicas aplicadas, ademais do tempo de concurso que soe desenvolverse entre 3 a 4 horas, comparativamente aos cinco días desta modalidade. Pero sobre todo destaca neste caso a valoración por parte do xurado das técnicas aplicadas en cada proceso de traballo, tales como orde, limpeza, destrezas e habilidades, aplicación de normativa hixienico-sanitaria e de seguridade, feito que endurece enormemente a proba, a xuízo de expertos do xurado e por suposto dos propios competidores.