Martes, 21 Maio, 2019
Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2018-2019

Horarios probas libres (1ª Parte). Curso 2018-2019. CIFP Compostela.

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Pode consultar os horarios das probas libres (1ª Parte) por Departamento e Ciclos do CIFP Compostela, nos seguintes enlaces:

Departamento de Artes Gráficas: CM de Preimpresión Dixital e CM de Impresión Gráfica.

Departamento de Hostalería e Turismo: CM de Cociña e Gastronomía, CM de Servizos de Restauración, CS de Xestión de Aloxamentos Turísticos, CS de Dirección de Cociña e CS de Dirección de Servizos.

Departamento de Industrias Alimentarias: CM Panadaría, Respostaría e Confeitería.

Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade: CS de Educación Infantil, CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e CS de Integración Social.