Luns, 18 Marzo, 2019
PLENO NO X CAMPIONATO GALEGO DE COCTELERIA

Pleno no “podium” entre alumnos e exalumnos do CIFP Compostela na X edición do Campionato Galego de Coctelaría clásica.  

Máis de 250 persoas déronse cita na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos durante a X edición do Campionato Galego de Coctelaría Clásica, promovido pola Asociación Galega de Barmen (AGABA) e que contou coa participación de 30 especialistas nas súas diferentes fases. Ana María Martínez Núñez co seu cóctel Garota Roses proclamouse campiona absoluta do certame mentres que Cristian Rodriguez Diaz con Nature foi o subcampión e en terceiro lugar quedou Pedro Tomás Sestayo Riveiro. 

Pola súa banda, o xurado para a valoración do cóctel clásico estivo composto por representantes de AGABA no apartado técnico e por seis prestixiosos representantes do sector para o xurado degustador: Nacho Costoya, campión de España de Xefes de Sala; Xurxo Rivas, catador e co presentador do programa “De Vino”; Carlos Portela, dá Asociación Galega de Catadores; Manuel García Santiso vicedirector do CIFP Compostela; José Vicente Gómez, presidente Asociación de Maitres de Galicia e Carmen Otero, secretaria do CRDDXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. 

 

Ana María Martínez Núñez foi alumna do CS de Restauración nos cursos 2008-2009, durante a súa formación no CIFP Compostela representou ao centro na edición do 2009 do premio Bacardi Grand Prix Escuelas, quedando campiona de España entonces. 

 

Crisrtian Rodríguez Diaz é alumno na actualidade do CS de Restauración 2º curso e que tamén representou ao centro na última edición do concurso de coctelería Xosé Rodríguez Moldes, celebrado no IES Fraga do Eume. 

 

Pedro Tomás Sestayo Riveiro foi alumno do CIFP Compostela da última promoción de Formación Profesional de 2º grao (Lei do 70).

O certame contou, ademais, coa II edición do Campionato Galego de Flairtending, a modalidade de coctelería máis acrobática e espectacular e na que se alzou coa vitoria Enrique Romaní. A valoración técnica correu a cargo do campión de España de Flairtending 2009 e 2010, Nahuel Frúmboli, e de Noel Vela, subcampión de España desta modalidade en 2010, que tamén ofreceron unha exhibición; mentres que a degustación estivo en mans de José Manuel García, presentador do programa Come e Fala.


O título de novo campión de coctelería acredita a Ana María Martínez, para representar a Galicia no Campionato Nacional na modalidade de Xefes de Bar mentres que o subcampeón Cristian Rodríguez representará a Galicia no campionato nacional na modalidade de novos barmens. Aos dous desexamoslle moita sorte na final do campionato nacional.