Luns, 18 Marzo, 2019
DAMIAN NOVOA SEIJAS CAMPION DE ESPAÑA "LATTE-ART"

Damian Novoa Seijas campión de España de baristas "latte-art".

Os pasados 28 e 29 de abril celebrouse en Córdoba o Campionato de España de Café no que participaron os mellores de cada comunidade nas diferentes especialidades como, latte-art, baristas e de cata de café.

En calqueira das modalidades precisase dunha destreza e coñecementos moi amplos, pois a profesionalidade e calidade dos concursantes fan do concurso unha "primeira división"  na elaboración, servizo e venda de café en establecementos de restauración.

A modalidade "latte-art" na que resultou gañador Damián, consiste en cremar leite no seu óptimo punto de temperatura e grao de burbulla, que permita conservar as cualidades organolépticas do mesmo, para acompañar a un café expreso perfecto, dando como resultado un café capuccino no que o leite non está nun segundo plano seon que fai de perfecto consorte amosando un debuxo combinativo entre a crema do leite e a do café, resultando asi un espectacular café con leite no que se respeta a proporción a partes iguais de café, leite e crema de leite.

Damián Novoa natural de Chantada, é titulado superior en Restauración polo CIFP Compostela, centro no que remaou estudos o pasado més de xuño de 2010, ano no que tamén representou ao centro no concurso galego de barisatas, concurso no que acsdou o terceiro posto.