Luns, 30 Marzo, 2020
Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de marzo a xuño de 2020

Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de marzo a xuño de 2020 (CICLOS SUPERIORES).

O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 9 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103.

Destinatarios

Alumnado en oferta ordinario,  matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grado Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-20 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 13 ao 23 de novembro de 2019. Podendo recoller a solicitude  en Conserxería ou accedendo no seguinte enlace:

A entrega da solicitude debidamente cuberta xunto con copia do DNI e documentación pertinente será na Secretaría do CIFP.

 

 eramusCofinanciado Erasmus