Martes, 02 Xuño, 2020
Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 para realización da F.C.T. no período de marzo a xuño de 2020

Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 para realización da F.C.T. no período de marzo a xuño de 2020 (CICLOS MEDIOS).

O programa Erasmus+KA102, vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades VET dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea. Ao mesmo tempo recibimos alumnado deses outros países para que realicen as súas prácticas en Galicia.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 12 becas Erasmus+ K102 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea

Destinatarios

Alumnado en oferta ordinaria, matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grao Medio, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-20 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.

 Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 13 ao 23 de novembro de 2019. Podendo recoller a solicitude  en Conserxería ou accedendo no seguinte enlace:

A entrega da solicitude debidamente cuberta xunto con copia do DNI e documentación pertinente será na Secretaría do CIFP.

 eramusCofinanciado Erasmus