Vernes, 24 Xaneiro, 2020
Convocatoria de prazas para a realización da FCT no estranxeiro de marzo a xuño 2020 (Modalidade A)

Convocatoria de prazas para a realización da FCT no estranxeiro (Reino Unido) de marzo a xuño de 2020 (Modalidade A).

A Orde do 24 de maio de 2005 pola que se regula o desenvolvemento de estadías formativas en empresas ou institucións situadas fóra do Estado español destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas non universitarias en centros autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia, así como o desenvolvemento de estadías de formación práctica en empresas ou institucións situadas en Galicia, destinadas ao alumnado procedente doutros estados ten por obxecto regular o desenvolvemento das estadías formativas en centros de traballo situados fóra do territorio español do alumnado matriculado en ensinanzas non universitarias de nivel secundario e postsecundaria polo réxime ordinario ou para persoas adultas, autorizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Está dirixida ao alumnado maior de 18 anos, ou menor con autorización dos pais ou titores.

A posibilidades de estadías formativas son:

Modalidade A: Estadías formativas realizadas en centros de traballo situados fóra do Estado español para o desenvolvemento parcial ou total do módulo de formación en centros de traballo, das ensinanzas de ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional específica, de artes plásticas e deseño, estudos superiores de restauración e conservación de bens culturais, programas de garantía social ou de iniciación profesional

Modalidade B: Estadías formativas realizadas en centros de traballo situados fóra do Estado español, como parte práctica complementaria do currículo oficial, dirixidas a alumnado de ensinanzas non universitarias distintas das recollidas na modalidade A.

Modalidade C: Estadías formativas en centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia realizadas por alumnado estranxeiro que se acolla a algún programa, axuda ou iniciativa en materia educativa, no marco dos acordos subscritos por centros educativos, autorizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e empresas ou institucións da Comunidade Autónoma de Galicia.(Neste caso do CIFP Compostela realiza mobilidades dentro dos Programas Erasmus+).

Obxecto da convocatoria

Selección de alumnado de Formación Profesional do CIFP COMPOSTELA para a realización da FCT no estranxeiro (Modalidade A), pais de destino REINO UNIDO

Destinatarios

Alumnado en OFERTA ORDINARIO, matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-2020 e estea interesado en realizala en empresas fóra do Estado español.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 13 ao 23  de novembro de 2019. Podendo recoller a solicitude  en Conserxería ou accedendo no seguinte enlace:

A entrega da solicitude debidamente cuberta xunto con copia do DNI e documentación pertinente será na Secretaría do CIFP.