Martes, 02 Xuño, 2020
Relación baremación provisional para a realización da FCT no estranxeiro

Relación de resultados de baremación de solicitudes para a realización da FCT no estranxeiro (Modalidade A). Convocatoria extraordinaria e o seu traspaso ao programa KA103

 

Resolución provisional .

 

A Resolución provisional da baremación de solicitudes (Ciclos Medios e Ciclos Superiores) de para a realización da FCT no estranxeiro (Modalidade A), que pretenden facer a FCT fóra de España no período de marzo a xuño de 2020, pódese consultar no taboeiro de Programas Internacionais do CIFP Compostela (diante de Secretaría) e o seu paso ao programa ERASMUS+ tras a información recibida dende o Sepie:

 

O Reino Unido ha abandonado a Unión Europea cun acordo de retirada o 31 de xaneiro de 2020, que entrou en vigor o 1 de febreiro de 2020. O período transitorio durará até o 31 de decembro de 2020. O acordo de retirada prevé a participación do Reino Unido no actual programa Erasmus+ 2014-2020 até o peche do programa, o que significa que os beneficiarios do Reino Unido poden continuar participando nos proxectos subvencionados en virtude do Regulamento actual ata que se completen todas as actividades, mesmo se son despois de 2020. Por tanto, todas as actividades e mobilidades de estudantes, docentes e persoal dos proxectos Erasmus+ non se verán interrompidas no actual marco 2014-2020 do programa Erasmus+.

 

A partir do 1 de xaneiro de 2021, o Reino Unido será tratado como un terceiro país aos efectos de acceso aos programas da UE, incluído Erasmus+. A posible participación do Reino Unido en futuros programas despois de 2020 dependerá do resultado das negociacións xerais sobre a relación futura entre a Unión Europea e o Reino Unido. No entanto, o goberno do Reino Unido comprometeuse a negociar o acceso ao seguinte programa Erasmus+ 2021-2027.

 

Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación  (O prazo finaliza o 21/02/2020 ás 14.00)