Luns, 28 Setembro, 2020
Convocatoria 2 bolsas persoalpara formación Erasmus+ KA 103

Convocatoria de dúas bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (2019-2021). CICLOS SUPERIORES (Convocatoria Aprazada ata novo aviso)

O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior ao proceso de innovación.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 2 bolsas Erasmus+ K103 de Mobilidade de Persoal para Formación (Staff Mobility for Training Mobility Agreement) mediante un período de observación job shadowing nunha empresa ou nun centro dun país pertencente ao Programa Erasmus+ KA103, cunha duración total de cinco días (sen contar viaxes).

Destinatarios

Profesorado de Ciclos Formativos de Graos Superiores, con destino no CIFP Compostela durante o curso 2019/2020, interesado en realizar unha estadía formativa de 5 días de duración nunha empresa ou centro, en período de observación “job shadowing” (dentro do prazo comprendido entre o 1/3/2020 e o 31/05/2021) no ámbito da Unión Europea ou en países do Programa non pertencentes á UE (ver apartado “País e empresa de destino”). Importante: a concesión da bolsa queda suxeita a que no momento de comezo de realización da estadía formativa, o docente teña como destino o CIFP Compostela, ben sexa de xeito provisional ou definitivo

Requisitos para participar na selección

  • Ser docente do CIFP Compostela (con carácter definitivo ou provisional) durante o curso 2019/2020, de Ciclos Formativos de Grao Superior.
  • Posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou ben en inglés (lingua vehicular da UE).
  • Presentar un proxecto de actividade correspondente a formación a realizar coa empresa ou centro de destino concertado, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación de actividades e calendario previsto, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula.
  • Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 05 marzo de 2020 ao 05 de abril de 2020, ámbolos dous incluídos.

Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.

Poden recollar a información na Corsexería do CIFP, consultar nos puntos de información Erasmus+ do CIFP (fronte a Secretaría e no corredor da cafetería) e na porta de entrada do edificio principal.

A solicitude pode recollerse na conserxería do CIFP ou baixar/cumplitentar a continuación: