Luns, 28 Setembro, 2020
Convocatoria 4 bolsas persoa para formación Erasmus+ KA 102

Convocatoria de catro bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ K102 (2019-2021). CICLOS MEDIOS (Convocatoria Aprazada ata novo aviso)

O programa Erasmus+, KA 102 quere mellora a calidade da Formación Profesional en Europa, ofrecendo aos alumnos, aos profesores e ao persoal que imparte ensinos de Formación Profesional Básica e Ciclos Formativos de Grao Medio, oportunidades de Mobilidade. Ademais, axudará ás institucións de Formación Profesional a crear Asociacións Estratéxicas con outras organizacións e empresas e a establecer así relacións sólidas co mundo laboral. En xeral, contribuirá a mellorar as posibilidades de emprego e as habilidades persoais e, deste xeito, a potenciar a competitividade da economía europea.

Obxecto da convocatoria

Concesión de 4 bolsa Erasmus+ K102 de Mobilidade de Persoal para Formación mediante un período de observación job shadowing nunha empresa ou centro dun país pertencente ao Programa Erasmus+ KA102, cunha duración total de cinco días (sen contar viaxes).

Destinatarios

Profesorado de Ciclos Formativos de Graos Medios, con destino no CIFP Compostela durante o curso 2019/2020, interesado en realizar unha estadía formativa de 5 días de duración nunha empresa, en período de observación “job shadowing” (dentro do prazo comprendido entre o 1/3/2020 e o 31/05/2021) no ámbito da Unión Europea ou en países do Programa non pertencentes á UE (ver apartado “País e empresa de destino”). Importante: a concesión da bolsa queda suxeita a que no momento de comezo de realización da estadía formativa, o docente teña como destino o CIFP Compostela, ben sexa de xeito provisional ou definitivo

Requisitos para participar na selección

  • Ser docente do CIFP Compostela (con carácter definitivo ou provisional) durante o curso 2019/2020, de Ciclos Formativos de Grao Medio.
  • Posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou ben en inglés (lingua vehicular da UE).
  • Presentar un proxecto de actividade correspondente a formación a realizar coa empresa ou centro de destino concertado, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación de actividades e calendario previsto, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula.
  • Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 05 marzo de 2020 ao 05 de abril de 2020, ámbolos dous incluídos.

Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.

 

Prazo de presentación de solicitudes

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 05 marzo de 2020 ao 05 de abril de 2020, ámbolos dous incluídos.

 

Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.

 

Poden recoller a información na Corsexería do CIFP, consultar nos puntos de información Erasmus+ do CIFP (fronte a Secretaría e no corredor da cafetería) e na porta de entrada do edificio principal.

 A solicitude pode recollerse na conserxería do CIFP ou baixar/cumplitentar a continuación:

 Solicitude autoeditable