Martes, 02 Xuño, 2020
Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 (Ciclos Medios) de outubro a decembro de 2020

Convocatoria de bolsas Erasmus+K102 para a realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2020.

O programa Erasmus+KA102, vai dirixido a atender as necesidades de ensino e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación e Formación Profesional, así como as institucións e organizacións que imparten ou facilitan esa formación.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades VET dos estudantes de ciclos de grao medio de Formación Profesional nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo noutros países da Unión Europea.

A causa da crise sanitaria do COVID-19 esta convocatoria queda aprazada ata novo aviso.

Pódese serguir as medidas específicas do Programa Erasmus+ na incidencia epidemiolóxica COVID-10 no senguinte enlace: http://sepie.es/coronavirus.html