Mércores, 30 Setembro, 2020
Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 (Ciclos superiores) de outubro a decembro de 2020

Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2020.

O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.

Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.

A causa da crise sanitaria do COVID-19 esta convocatoria queda aprazada ata novo aviso.

Pódese serguir as medidas específicas do Programa Erasmus+ na incidencia epidemiolóxica COVID-10 no senguinte enlace: http://sepie.es/coronavirus.html