Martes, 02 Xuño, 2020
Nota informativa do CIFP Compostela

Nota informativa do CIFP Compostela: Normas de acceso ao CIFP

18/05/2020

Lembramos que debido ao COVID-19 suspéndeuse todo tipo de actividade lectiva e que o horario de atención ao público queda establecido de 10 a 13 horas.

 No CIFP Compostela establecemos as medidas de seguridade e agradecemos, a todas as persoas que se acheguen ao centro, teñan en conta as seguintes normas:

 - Non achegarse ao CIFP se presenta síntomas compatibles co COVID-19.

 - Sempre que sexa posible, realicen os trámites por teléfono, correo electrónico ou de xeito telemático. Evitando, así, a presenza no centro.

 - Sigan as indicacións do persoal non docente.

 - Non accedan ao CIFP acompañado ou acompañada salvo circunstancias especiais.

 - Fagan uso  de mascarilla de non poder manter a distancia de 2 metros.

 - Porten e usen o bolígrafo persoal.

 - Utilicen o envío de documentación escaneada ao correo Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 - Limiten na medida do posible o uso do servizo de fotocopias no CIFP.

 O CIFP Compostela activou o protocolo limpando e desinfectando a planta baixa, así como, colocando dispensadores de xel hidroalcoholico de acceso ao público.

Seguiremos informando nesta web das novidades que vaian xurdindo.

Para calquera dúbida teñen a súa disposición o correo electrónico do centro: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Agradecemos a colaboración!

Máis información en: www.edu.xunta.gal