Domingo, 12 Xullo, 2020
Probas libres para a obtención de títulos FP LOE. 2019-2020

Probas libres para a obtención de títulos FP LOE. Curso 2019-2020

 

29/05/2020

Publicada a Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Resolución establece as datas do período de solicitudes de matrícula para as probas libres de títulos LOE de formación profesional e as datas para a celebración das probas.

"Artigo 2. Matriculación: 1. O período de presentación de solicitudes de matrícula será do día 1 ao 12 de xuño de 2020".

"Artigo 4.Calendario de desenvolvemento da proba.  As probas realizaranse na primeira quincena do mes de setembro, o que permitirá ás persoas aspirantes dar continuidade ao seu itinerario formativo."