Consulta das cualificacións do primeiro trimestre en ABALAR:
O Cifp Compostela informa que as cualificacións do primeiro trimestre deste curso 2020-2021 serán publicadas en ABALAR o día 22/12/20 ás 16.00 horas.
A esta a aplicación pode acceder o estudantado cando sexa legalmente responsable, así como, os pais, nais e titores/as legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Google Play Store (se o sistema operativo é Android). Lembrade que os datos deben ser os que constan no CIFP Compostela, proporcionados no momento da matrícula.
|