Luns, 18 Marzo, 2019
Borja Triñanes 3º no VI Campionato galego de Baristas

Alumno do CIFP Compostela acada o 3º posto no VI Campionato galego de Baristas

O pasado 11 de outubro celebrouse o VI campionato galego de Baristas, na area comercial de Area Central en Santiago de Compostela. A este campionato presentáronse profesionais do sector de toda Galicia, entre os cales por xentileza da organización, asistiu o CIFP Compostela representado polo alumno do Ciclo Superior de Restauración, Borja Triñanes Dieste, acadando o 3º premio do concurso.

A modalidade de concurso consistía en elaborar e presentar ao xurado tres cafés expresos perfectos, tres cafés capuchinos con “latte art”, tres tomas dun cóctel de creación propia sen alcohol e outras tres tomas doutro cóctel con alcol. Para elo o concursante debía elixir unha mestura de cafés, presentala e xustificala organolépticamente, “vender” e explicar todo o proceso de elaboración ao xurado e público en xeral, ao mesmo tempo que executaba as elaboracións e presentacións finais, iso si cun tempo limitado de quince minutos.

Os cócteles presentados foron un sen alcohol, que lle chamou “Mazá de Eva”; Cóctel de sobremesa, trago curto en copa Martini clásica, a base de café perfumado de sirope de rosa servido na copa e coroado con leite cremada con sirope de mazá verde, resultando unha mestura cremosa e densa, cóctel de dúas texturas, que para tomalo non é preciso remover, finalmente decorado con laminas de mazá verde recen cortada no borde da copa.

O outro cóctel con alcohol foi o que denominou “Café mojito”; Cóctel moi refrescante, que aconsellou tomalo como dixestivo ou a outra hora do día, presentado nun vaso de long drink de boca ancha onde preparou a base dun mojito, limas exprimidas, follas de menta fresca, azucre de caña, aparte preparou un expreso longo que mesturou con ron escuro con aroma de melaza e barrica nunha cocteleira, servido no vaso completo de xeo perlado e decorado finalmente cun brote de menta fresca e palliñas.

Sen dubida a enorme tensión do tempo de execución, sumado a exposición e explicación en público de todo o proceso, fan desta modalidade de concursos unha das máis difíciles para os concursantes, feito que Borja superou amplamente cunha exposición brillante, amosando sobre todo unha boa capacidade de comunicación cara o público, o probablemente lle sumou moitos puntos cara a clasificación final.