Vernes, 18 Xaneiro, 2019
Borja Triñanes acada o 3º posto na final "Maestro del Espresso Junior Illy 2012"

O alumno Borja Triñanes Dieste, do CIFP Compostela, acada o terceiro posto na IX edición do concurso “Maestro del Espresso Junior 2012”

O barista e alumno Borja Triñanes Dieste, do CIFP Compostela acadou o terceiro posto do concurso “Maestro del Espresso Junior 2012” na novena edición do concurso co mesmo nome. O Hotel Le Meridien de Barcelona acolleu o pasado venres día 5, este evento que convocou aos 30 mellores alumnos das escolas de Hostalería de España e Portugal. Este alumno do ciclo superior de Restauración acadou o terceiro premio en discordia cun valor dunha beca de 500 euros.

O concurso iniciouse no pasado mes de novembro de 2011, cando se levaron a cabo as actividades formativas co alumnado de cada Escola, encamiñadas a seleccionar un ou unha candidato/a. Mediante un test escrito sobre a historia do café, botánica, técnicas de producción-recolección, tueste, calidades organolépticas, mantemento e manexo de maquinaria de elaboración (cafeteira, muíños de café), …Café Illy, seleccionou a tres candidatos avaliados, dos cales o profesorado técnico en servizos de restauración do CIFP Compostela decidiu que quen debía representar ao centro educativo era Borja Triñanes.

A partires de aí o pasado 30 de abril celebrouse unha semifinal da zona comercial de Barcelona, a onde acudiu o alumno, resultando seleccionado para a gran final. A selección de alumnado de escolas de Hostalería de España e Portugal fíxose en catro sedes diferentes, Madrid, Sevilla, Lisboa e Barcelona, entre mais de 100 escolas.

Durante a final do concurso, os alumnos finalistas demostraron as súas dotes e aptitudes na preparación de dous espressos perfectos e dous cappuccinos nun tempo non superior a 10 minutos. Para elo puxeron a punto la maquinaria e buscaron os parámetros necesarios de gramaxe e dose de café exacta, tempo de extracción e volume na taza, así como a textura e temperatura adecuada do leite. O xurado estivo composto por Massimo Saggese, Director Xeral de Illy caffè sucursal en España e Portugal; Sergio Margarida e Vicenç Batlle, responsables de La Spaziale e Caffè d’Autore respectivamente; Alex Colet, formador técnico de La Spaziale; Lucio Tanfi, barista profesional da Università del Caffè di Spagna e Portogallo; Mario Ravazzolo, Director comercial de Illycaffè da zona de Catalunya; Miguel Fernández, Director comercial de La Spaziale; e Carlos Santos, Director Comercial de Illycaffè en Portugal.