Vernes, 18 Xaneiro, 2019
Presentación do libro “Sabor a Vida” no CIFP Compostela

Presentación do libro “Sabor a Vida” no CIFP Compostela

O pasado 4 de xuño fíxose unha presentación do libro “Sabor a Vida”, aos alumnos do centro educativo das especialidades de servizos en restauración e de cociña e gastronomía.

O proxecto comezou a xestarse na cabeza de Francisco Piñeiro antigo alumno do CIFP Compostela quen precisamente cando se tivo que enfrontar a unha grave enfermidade, decidiu xuntamente con outros once colegas, compañeiros de estudos e de profesión, facer algo cara a aportar recursos a Sociedade Española Contra o Cancro (AECC), e como di el “co fin de axudar aos enfermos de cancro e ás súas familias a recuperar a esperanza cun gran corazón verde” ou con esta outra frase, “Cando un se levanta unha mañá e todo cambiou, ten como obxectivo volver recuperar as ilusións, entre elas, volver cociñar. Así comeza o meu particular Sabor a Vida, unha máis de tantas historias que existen...”.

 

 

O ano pasado, Francisco conseguiu o Premio Nacional de Gastronomía, e foi cando se decatou de que había moita xente apoiándolle, e decidiu reunilos para darlle forma a este libro e entre os colegas participaron co alumnado do centro: Francisco Piñeiro, Alberto González, Eloy Cancela, Javier Gómez, Manel Oliveira, Mark Wernink e Manuel V. Regueira.

A actividade desenvolveuse na tarde do mesmo día iniciándose cun taller de elaboracións gastronómicas de receitas editadas no libro, entre alumnos dos ciclos formativos de grao medio e superior de cociña e gastronomía e dirección de cociña respectivamente, ademais do curso AFD de Cociña e coordinados polos membros do grupo do proxecto indicados. Unha vez rematadas as elaboracións, fíxose a presentación do libro no salón de actos coa participación do equipo de Francisco e como asistentes ao acto, o alumnado e profesorado do CIFP Compostela.

Como elaboracións seleccionadas foron: un Tartar de afumados, ovas e encurtidos, Mini ensalada con pan de especies, froitos do mar e maza filtrada, Chupa chus de queixo do Cebreiro, Esponxa de tomate con pistacho, Culleriña de foïe, Salmorejo con ventresca de atún, aceite de ceboliño e cruxinte de espaguetti de mar, Tomate "Capresse" á galega. Salmón teriyaki, borras de aceituna negra e cí­tricos, Espuma de chocolate branco con fresas e biscoito e unhas Fresas estofadas con menta e crema de Cebreiro. Todas estas esquiciteces foron degustadas ao final do acto de presentación do libro, sendo servidas por alumnos do ciclo medio de servizos en restauración.

Algunhas imaxes do acto: