Xoves, 22 Xuño, 2017
Dinamización Lingua Galega

Dentro das accións da coordinación do equipo de dinamización da lingua galega, deseñouse un programa anual de promoción da lingua galega para o logro dos obxectivos previstos no proxecto funcional e colaborar coa comisión encargada da redacción do proxecto lingüístico do CIFP Compostela.

 


 

CURSO 2015-2016

III Mostra do ENTROIDO

Videos das diferentes actividades desenvolvidas:

Resumo: https://vimeo.com/156002846

Primeira parte da actividade (Streaming en HD): https://vimeo.com/155194892

Segunda parte da actividade: https://vimeo.com/161624143

Video CEIP Lamas de Abade: https://vimeo.com/162449538

Video Raiola: https://vimeo.com/162450943

Video ASPANAES: https://vimeo.com/162456062

Video IES Lamas de Abade: https://vimeo.com/162456754

 

Letras Galegas 2016

Mini e Mero en concerto na I Festa das Letras Vivas: https://vimeo.com/172734696


 

CURSO 2014-2015

Unha das accións do curso foi elaborar unha revista cahamada NOSAS NOVAS 2014, á cal pode acceder premendo nas seguintes ligazóns:

Parte-1
 

Actividades do equipo de dinamización da lingua galega 2014-2015

Actividades realizadas

Entre as actividades do ENDLG neste curso cabe destacar a vontade de realizar actividade con participación dos diferentes centros de Lamas de Abade e proximidades, salientando a acollida e participación da “II Mostra do Entroido”e a xa tradicional edición do marcapáxinas-calendario

Marca-páxinas e calendario

En colaboración co IES Lamas de Abade editamos un marca-páxinasdedicado a unha escolma de referentes literarios distinguidos polo seu compromiso coa nosa lingua, para o que se destacou un poema, verso ou expresión sobre o galego.

Diante da imposibilidade técnica de realizar os pousa-vasos recollidos no programa deste curso, realizáronse tres modelos de chapas co lema  “Son galeg@ Falo galego” con imaxes de Rosalía, Castelao e lingua galega. Realizadas conxuntamente co IES Lamas de Abade.

 
marcapaxinas 

 

II Mostra do Entroido

II mostra entroido  Programamos para o 6 de febreiro a II Mostra do Entroido, este ano referida á ancestral tradición nos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, representados polo CEIP San Martiño e o IES Carlos Casares, contando coa participación dunhas 50 persoas entre profesorado, alumnado e nais e pais.

Como se expuxo con anterioridade, trátase de que as comunidades educativas dos centros  da contorna (CEE Duques de Lugo, CEIP Lamas de Abade, CEIP Ramón Cabanillas, CEI Raiola e IES lamas de Abade)  participen, xunto coa nosa nunha actividade de convivencia na que compartan non só actividades e espazos senón unha xornada de base tradicional no que ao Entroido se refire, de aproximación e superación de barreiras e lúdica co uso da lingua, o galego, como fío condutor.

A organización e planificación da actividade, coma na pasada edición,foi complexa e apaixonante pola implicación dos centros participantes e pola entrega dos colegas dos ENDLG. Nesta ocasión tivemos que redobrar os esforzos e traballos organizativos, xa que, a causa dunha alerta de temporal as autoridades educativas decretaron unha suspensión da actividade na área xeográfica do sur oriental de Ourense, que afectou de xeito determinante á posibilidade de participación dos centros colaboradores na data programada, 6 de febreiro, polo que con 40 horas de antelación vímonos na obriga de suspender a actividade para o día previsto e buscar unha nova data para dar solución a todos os traballos realizados nos distintos centros (vestiario, lardeiros e lardeiras, etc.) co fin de evitar certa frustración tanto nas comunidades educativas da nosa contorna coma nos centros convidados.

Coa decisión de aprazamento para o día 20 de febreiro resolveuse o desenvolvemento do programa da actividade, mais preparativos, elaboracións gastronómicas e planificacións adoptadas para a súa realización o día 6 non se puideron recuperar na súa totalidade, polos custes económicos e académicos. Con todo e coa participación de profesorado a alumnado a degustación gastronómica resultou un rotundo  éxito, se cabe condicionado, mais outra vez, pola climatoloxía que nos obrigou a desenvolver unha parte do programa no pavillón do CEIP Lamas de Abade

Foi unha actividade custosa tamén dende a perspectiva económica e material (carteis, dípticos, seguro da actividade, produtos para degustación …)., mais compartida solidariamente foi asumíbel.

Destacar a colaboración desinteresada do alumnado e profesorado dos seis centros organizadores e de xeito especial dos dous colaboradores, que viaxaron dende Viana do Bola e Vilariño de Conso dende moi cedo para incorporarse a actividade durante a mañá para repetir á volta un desprazamento de máis de seis horas. Asemade a aportación de vestiario orixinal, útiles e instrumentos tradicionais que permitiron por na escena unha importante dose de autenticidade e carácter xenuíno.

O día 20 comezou a actividade no salón de actos ás 10,00 h. coa presentación a cargo dunha xenerala e un xeneral interpretando coplas referidas a actividade , aos centros e aos protagonistas desta primeira parte. Para continuar coa proxección dun documental sobre o Entroido de Vilariño de Conso  realizado por Pío García; continuou coa conferencia sobre os antecedentes históricos e desenvolvemento a cargo de Carlos Rodríguez Calventee alumnos, retransmitida en videoconferencia para o resto dos centros; ás 12,00 a actividade trasladouse ao pavillón do CEIP Lamas de Abade, na que se concentraron os alumnos e alumnas dos centros participantes para dar comezo ao desfile de disfraces, bailes, comparsas e charangas; acto seguido deuse paso ao Folión que fixo retumbar tanto a estrutura do local como os tímpanos e retinas dos centos de nenos, neas e maiores que alí se deron cita, logo dunha xenuína e completa representación da tradición deste Entroido a festa rematou coa degustación de produtos típicos do Entroido, ofrecida polo alumnado de industrias Alimentarias e Hostalaría e Turismo. Todas as actividades estiveron acompañadas pola actuación dun grupo musical constituído para ocasión e formados por alumnos e alumnas dos centros participantes. Salientar o acollemento tanto do alumnado coma do profesorado de todos os centros, así como de nais e pais e veciñanza da contorna, tamén cumpre destacar a repercusión nos medios de comunicación a nivel local e galego pola presenza da televisión de Galicia.

Como esta edición resultou máis laboriosa que a anterior estimamos necesario realizar unha avaliación do desenvolvemento da actividade que tivo lugar o  xoves 30 de abril no CIFP Compostela, coa seguinte orde do día e conclusións:

     19:30 hs. Proxección de material gráfico fotografía e vídeo, recompilado dos centros participantes, entrega de copias.

   19:55 hs. Análise e avaliación do desenvolvemento e resultados da actividade. Identificación de eivas organizativas e propostas de solución.

    20:15 hs. Proposta de continuidade, acórdase constituír un grupo traballo para a elaboración do programa e organización da próxima edición.

    20:30 hs. Convite de agradecemento aos participantes e colaboradores. Na aula taller d restaurante do CIFP Compostela ofreceuse unha cea para os representantes de todos os centros organizadores e convidados aos que se lles fixo entrega de presentes como mostra de agradecemento.

 

Vento e chuvia

 

Con motivo da actividade realizada o pasado curso coa presentación “making off” e representación da obra “Vento e Chuvia” a cargo do autor Manuel Gago Mariño e Soledad Felloza realizamos unha actividade que aínda non estaba recollida no programa deste curso entendemos daba continuidade á actividade feita en maio de 2014.

“Vento e Chuvia”: os antigos deuses galaicos. Relato baseado na obra do mesmo nome de Manuel Gago Mariño, doutor, profesor e investigador en Ciencias da Información na Universidade de Santiago de Compostela.

 

Vento e chuvia 

Soledad Felloza leva da man dos contos ao público a un mundo imaxinario que, no seu tempo, existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro: a dunha mitoloxía rica e plena de deuses ate agora case descoñecida. Natural de Uruguai, é actriz, dramaturga, contacontos e fotógrafa, cunha ampla formación no campo do teatro e a narración oral. Ten unha ampla experiencia multi-disciplinar en Festivais de Uruguai, Arxentina, Chile, Bolivia, Venezuela, Cuba, Alxeria, Perú, Francia, Italia, Portugal, Holanda e por toda España.

A actividade realizouse o venres 17 de abril en sesión de tarde no salón de actos.

 

Os medios de comunicación na normalización do GALEGO

O 28 de abril organizamos unha mesa de debate sobre “Os medios de comunicación na normalización do GALEGO”. Para o que contamos con:

Os medios 

Anxo Lugilde Pardo (Lugo, 1970).Xornalista en Galicia desde 1990. Primeiro na Voz de Galicia, entre 1990 e 2005, e desde entón free-lancer, como correspondente da Vanguardia en Galicia e Portugal e cronista político de El Progreso de Lugo e o Diario de Pontevedra. Colaborador habitual da Radio Galega e a TVG. Tamén escribo de cando en vez na revista Luzes.

Doutor en Historia Contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade do País Vasco, e licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Autor de varios libros sobre política galega e emigración, "El fin del fraguismo" (con Xosé Carreira); "Argentina, el drama de la quinta provincia gallega" e "O voto emigrante: Viaxe pola zona escura da democracia española".o último "De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika".

 

Olalla Rodil Fernández. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cursou mestrado de Estudos Internacionais na USC. Traballa no Sermos Galiza desde 2012 na área de asuntos sociais e de xénero. Colabora con medios como a Radio Galega, Radiofusión e Irmandade TV.

No actual período democrático, após a ditadura,  e concretamente dende a entrada en vigor da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística, o papel dos medios de comunicación tivo un protagonismo relevante en canto a “normalización” do uso do idioma en diferentes ámbitos da sociedade galega.

É polo que o achegamento á análise o contraste de perspectivas e o debate contribúen á clarificación e a toma de consciencia colectiva sobre o devir do noso idioma.

 

Festa, música e baile na dinamización sociocultural

O xoves 7 de maio programamos unha charla obradoiro sobre “Festa, música e baile na dinamización sociocultural”. Actividade orientada ao coñecemento da nosa tradición festeira e cultural en xeral, do baile e música galega, a súa función social como factor de cohesión socio-cultural, os valores de recoñecemento da nosa identidade e a posta en valor e difusión dos elementos que caracterizan o noso xeito de entender as celebracións colectivas, os eventos lúdico-festivos e  todo canto os arrodea e/ou complementa.

§  Na riqueza patrimonial que supón a musica e o baile,

§  Na espontaneidade na lingua e cultura como vehículos naturais

§  Na implicación interxeracional e comunitaria

§  E no que supón como formación comunitaria e social

Para o que contamos con Xermán Alexandre Muíños, Couso-A Estrada. Profesor de ensino secundario (Intervención Sociocomunitaria), Licenciado en Economía, Doutoramento en Análise Histórica, Educador Social, Animador Sociocultural, Experto en formación e asesoramento á mocidade, Experto en programas de formación para a animación sociocultural e o tempo libre, Experto en formación, xestión e organización en entidades non lucrativas, Experto en xestión de programas e eventos culturais, promotor e membro da directiva da Asociación Cultural “A Xesteira” unha entidade promovida por un grupo de mozos e mozas da parroquia de Couso (no Val de Vea, concello de A Estrada) no ano 1995. Estes mozos e mozas xa se viñan xuntando anos atrás para promover actividades no ámbito da xuventude e para participar na vida socio-comunitaria e cultural da parroquia e arredores.

festa e musica 

Para o que contamos con Xermán Alexandre Muíños, Couso-A Estrada. Profesor de ensino secundario (Intervención Sociocomunitaria), Licenciado en Economía, Doutoramento en Análise Histórica, Educador Social, Animador Sociocultural, Experto en formación e asesoramento á mocidade, Experto en programas de formación para a animación sociocultural e o tempo libre, Experto en formación, xestión e organización en entidades non lucrativas, Experto en xestión de programas e eventos culturais, promotor e membro da directiva da Asociación Cultural “A Xesteira” unha entidade promovida por un grupo de mozos e mozas da parroquia de Couso (no Val de Vea, concello de A Estrada) no ano 1995. Estes mozos e mozas xa se viñan xuntando anos atrás para promover actividades no ámbito da xuventude e para participar na vida socio-comunitaria e cultural da parroquia e arredores.

Entre os fins da asociación está a dinamización da vida no ámbito da mocidade rural: formación para a participación, hábitos de vida, cultura tradicional, coñecemento e defensa do entorno e medio natural, animación sociocultural. Tamén destaca a participación dos mozos e mozas en actividades auto-organizadas, moitas ao amparo da asociación, en actividades da propia asociación e na vida socio-comunitaria parroquial.

 

Revista Nosas Novas 2015

Retomamos a edición da revista do EDNLG, dándolle un formato anual para deste xeito permitir o seu tratamento no departamento de Artes Gráficas e difundila no mes de maio.

revista novas             revista novas 2

 

Letras galegas 2015

Instalación no taboleiro da lingua do centro das láminas biográficas sobre Xosé F. Filgueira Valverde, achegadas pola Secretaria Xeral de Política Lingüística con motivo da celebración do Día das Letras Galegas

Letras galegas-15