Relación de resultados de baremación de solicitudes para a realización da FCT no estranxeiro (Modalidade A). Convocatoria extraordinaria e o seu traspaso ao programa KA103
Resolución provisional .
A Resolución provisional da baremación de solicitudes (Ciclos Medios e Ciclos Superiores) de para a realización da FCT no estranxeiro (Modalidade A), que pretenden facer a FCT fóra de España no período de marzo a xuño de 2020, pódese consultar no taboeiro de Programas Internacionais do CIFP Compostela (diante de Secretaría) e o seu paso ao programa ERASMUS+ tras a información recibida dende o Sepie:
O Reino Unido ha abandonado a Unión Europea cun acordo de retirada o 31 de xaneiro de 2020, que entrou en vigor o 1 de febreiro de 2020. O período transitorio durará até o 31 de decembro de 2020. O acordo de retirada prevé a participación do Reino Unido no actual programa Erasmus+ 2014-2020 até o peche do programa, o que significa que os beneficiarios do Reino Unido poden continuar participando nos proxectos subvencionados en virtude do Regulamento actual ata que se completen todas as actividades, mesmo se son despois de 2020. Por tanto, todas as actividades e mobilidades de estudantes, docentes e persoal dos proxectos Erasmus+ non se verán interrompidas no actual marco 2014-2020 do programa Erasmus+.
A partir do 1 de xaneiro de 2021, o Reino Unido será tratado como un terceiro país aos efectos de acceso aos programas da UE, incluído Erasmus+. A posible participación do Reino Unido en futuros programas despois de 2020 dependerá do resultado das negociacións xerais sobre a relación futura entre a Unión Europea e o Reino Unido. No entanto, o goberno do Reino Unido comprometeuse a negociar o acceso ao seguinte programa Erasmus+ 2021-2027.
Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación (O prazo finaliza o 21/02/2020 ás 14.00)
Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.
Resolución definitiva .
A Resolución definitiva da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2019-2021) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de marzo a xuño de 2020, pódese consultar no taboeiro de ERASMUS+ do CIFP COMPOSTELA (diante de Secretaría)
NESTE CURSO 2019-2020, DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2018 – ES0-KA103-047056, O CIFP COMPOSTELA COLABOROU CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS.
Agradecemos a colaboración das empresas de acollida, así como, o bo traballo realizado polos nosos estudantes no seu período de FCT – Erasmus+
COLABORAMOS COA ESCOLA RAÍZ (Higscope) DE LISBOA,onde realizou a súa FCT Manuel (de outubro a decembro de 2019)
E coa ESCOLA INFANTIL GERAÇAO CHUPETA (Lisboa) onde realizou a súa FCT Laura (de outubro a decembro de 2019)
Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.
Resolución provisional .
A Resolución provisional da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2019-2021) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de marzo a xuño de 2020, pódese consultar no taboeiro de ERASMUS+ do CIFP COMPOSTELA (frente á Secretaría)
Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación (O prazo finaliza o 27/01/2020 ás 14.00)
Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de marzo a xuño de 2020 (CICLOS SUPERIORES).
O programa Erasmus+, ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de grado superior, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como ás institucións que imparten este tipo de formación.
Os seus obxectivos específicos son apoiar a realización dun Espazo Europeo de Educación Superior e reforzar a contribución da educación superior e a formación profesional ao proceso de innovación.
Obxecto da convocatoria
Concesión de 9 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103.
Destinatarios
Alumnado en oferta ordinario, matriculado no CIFP Compostela, en calquera Ciclo Formativo de Grado Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2019-20 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é do 13 ao 23 de novembro de 2019. Podendo recoller a solicitude en Conserxería ou accedendo no seguinte enlace:
A entrega da solicitude debidamente cuberta xunto con copia do DNI e documentación pertinente será na Secretaría do CIFP.
QUERES FACER A TÚA FCT CON ERASMUS+??
Se estás pensando realizar as túas prácticas do CICLO SUPERIOR con ERASMUS+, non te esquezas, temos unha reunión informativa o 11 de novembro as 11.00 h.
VISITA DE PROFESORADO DO LYCEE CHRISTIAN BOURQUIN DE ARGELES SUR MER CO PROGRAMA ERASMUS+ (Setembro 2019).
Moitas gracias a Viviana e David con Erasmus Plus por esta semana en . Ata pronto! ....Merci beaucoup Viviana et David pour Erasmus Plus pour cette semaine à CIFP Compostela. À bientôt .
Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.
Resolución definitiva .
A Resolución definitiva da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2018-2020) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS KA 103.
Relación de resultados de baremación de solicitudes Erasmus+ KA 103.
Resolución provisional .
A Resolución provisional da baremación de solicitudes de Beca ERASMUS+ KA 103 (2018-2020) para estudantes de Ciclos Superiores, que pretenden facer a FCT fóra de España no período de outubro de 2019 a decembro de 2019, pódese consultar no seguinte enlace: LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS KA 103.
Contra esta resolución os interesados poderán presentar unha solicitude de revisión, ante a Dirección do Centro, no prazo de 10 días lectivos contados a partires da data da publicación (O prazo finaliza o 10/07/2018 ás 14.00)
NO CURSO 2018-2019, DENTRO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA 103 PARA CICLOS SUPERIORES: 2018 – ES0-KA103-047056, O CIFP COMPOSTELA COLABOROU CON DISTINTAS EMPRESAS E ORGANIZACIÓNS.
Agradecemos a colaboración das empresas de acollida, así como, o bo traballo realizado polos nosos estudantes no seu período de FCT – Erasmus+
COLABORAMOS COA ESCOLA RAÍZ (Higscope) DE LISBOA, onde realizou as súa FCT Manuela (de marzo a xuño de 2019).
COLABORAMOS CO HOTEL GIARDINO D’ EUROPA en ROMA, onde realizaron as súa FCT Anet (de outubro a decembro de 2018) e Noelia (de marzo a xuño de 2019).
COLABORAMOS CO RESTAURANTE HISPANIA, onde realizou as súa FCT Silvia (de outubro a decembro de 2018).[1]
A partir de marzo de 2019 estas estadías non se realizarán baixo o Programa Erasmus+ por causa do Brexit.
VISITA DE PROFESORAS DO INSTITUTO POLITÉCNICO DE CASTELO BRANCO CO PROGRAMA ERASMUS PLUS (Maio de 2019)
Agradecer a Helena Margarida e María Margarida a semana que compartiron co CIFP Compostela dentro da súa mobilidade Erasmus Plus. Muito obrigados por tudo!!
Convocatoria de bolsas Erasmus+K103 para a realización da F.C.T. no período de outubro a decembro de 2019.