Luns, 18 Marzo, 2019
Oscar Quintana Lourido acada o primeiro premio na terceira edición da Nariz de Ouro-2014

Na semifinal de Galicia e Castela e León correspondente ao premio Nariz de Ouro-2014, un exalumno do CIFP Compostela acada o primeiro posto. Esta terceira edición que se celebrou no Parador de Santiago “Hostal dos reis Católicos” o pasado 21 de xaneiro, contou con 21 participantes, entre os que figuraban varios exalumnos deste Centro educativo.

O gañadorparticipou en representación de León por Paradores de Turismo, obtendo a mellor puntuación e polo tanto a clasificación como mellor semifinalista de Galicia e Castela e León “Nariz de Ouro 2014”.

Este galardón clasifícao para a final en Madrid, que se celebrará o 6 e o 7 de xuño, na que so un dos 73 sumilleres de toda España que obtiveron praza (3 de cada semifinal) se farán finalmente co prestixioso premio, concedido anualmente pola revista Vino+Gastronomía.

 Oscar Quintana

Oscar Quintana foi alumno do CIFP Compostela, no que cursou estudos de ciclo medio de Servizos de Restaurante e Bar entre os anos 2001 e 2002 e unha vez rematados os estudos ingresou na rede de Paradores ate acadar a titularidade de Xefe de Sala, cargo que exerce no Parador de León.

Non é a primeira vez que acada un premio de prestixio, pois xa no ano 2012, acadou o primeiro premio como mellor Xefe de Sala de Galicia.