Xoves, 22 Agosto, 2019
Curso de iniciación na técnica de “latte art”
Martes, 20 de Maio de 2014 14:15

Curso de iniciación na técnica de “latte art”

Alumnos dos ciclos formativos de grao superior e medio de servizos en restauración, participaron na mña do día 20 de maio, nun curso sobre técnicas de lateado ou tamén coñecida como “latte art”, impartido polo exalumno e campión de España de “latte art”, Damián Novoa Seijas.

Coa finalidade de complementar a formación do alumnado, nas numerosas actividades complementarias á formación, programadas e executadas nos módulos de servizos en restauración do departamento de Hostalaría e Turismo do CIFP Compostela, levouse a cabo a formación nunha das mais necesarias e actuais técnicas de lateado ou cremado de leite para a terminación de cafés, especialmente capuccinos.

Durante a exibición Damián Novoa executou con destreza lateados de capuccinos, decorativamente e aclarando de xeito simultáneo as técnicas empregadas no proceso. A continuación o alumnado puido elaborar o seu café con lateado incluído, sendo corrixido e dirixido polo experto mestre na técnica de “latte art”.

O Director do CIFP Compostela aproveitou a ocasión da visita para facerlle entrega a Damián Novoa do Título de Técnico Superior en Restauración, obtido entre os anos 2008-2009, facéndolle extensible de todo o profesorado da especialidade de servizos en restauración, o agradecemento pola súa colaboración.

Damian 3

Última actualización el Martes, 20 de Maio de 2014 14:34