Martes, 21 Agosto, 2018
Antonio Castiñeiras campión de cata de cafés. Foz-2015

O alumno Antonio Castiñeiras acadou o primeiro premio resultando campión do III Campeonato Internacional de Cata de cafés de Escuelas de Hostelería 2015, que se celebrou no IES de Foz entre os días 9 e 10 de febreiro.

Este campionato que vai pola terceira edición, desenvolvese en tres probas diferentes; nunha primeira proba os concuersantes deben identificar gustativamente cualidades xenéricas das principais variedades e procesos de torrado de cafés do mercado, nuha segunda proba deben identificar cinco cafés elaborados mediante cata gustativa, e finalmente na última proba deben recoñecer 12 cafés elaborados, mediante cata olfativa únicamente.

Na presente edición do campionato, participaron 17 escolas de hostalaría do norte de España e de Portugal, o que fai mais meritorio o galardón acadado.

Antonio Castiñeiras é alumno do ciclo medio de Servizso en Restauración, na modalidade modular do CIFP Compostela.

Na imaxe ao pé vemos a Antonio recibindo o trofeo da man do presidente do xurado e recoñecido profesional do mundo do café D. Augusto Morales, presidente da Asociación de Baristas de Galicia.

 

Antonio Castiñeiras