Xoves, 24 Maio, 2018
1º e 2º PREMIO DE COCTELARIA. CONCURSO RODRIGUEZ MOLDES 2015
 

Pleno na edición do 2015, dos alumnos representantes do CIFP Compostela, no concurso José Rodriguez Moldes-Rey que promociona o IES Fragas do Eume de Pontedeume.

Os dous alumnos representantes do CIFP Compostela acadaron o 1º e o 2º premio en liza na edición deste ano, entre todos os centros de formación profesional galegos.

1º posto para o alumno do CS de Dirección en servizos en restauración: Diego Fernando López Crego.

2º posto para o alumno do CM de Servizos en restauración: Santiago Fanego Otero.

3-pontedeume 

Estes alumnos estiveron acompañados pola súa profesora Dª Isabel Sánchez Atán.

Este ano foron, ademais do CIFP Compostela: CIFP Paseo das Pontes de A Coruña, o IES Fragas do Eume de Pontedeume, a Escuela de Especialidades Fundamentales da Estación Naval de A Graña (Esengra), o IES de Foz, o IES Sanxillao de Lugo, o CRP Belarmino Fernández Iglesias, de Sober, o CIFP Manuel Antonio de Vigo, o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e o IES de Vilamarín de Ourense.

En total foron 20 alumnos concursantes dos diferentes centros educativos de toda Galicia.

Este concurso que se celebra cada ano no IES Fragas do Eume, conmemora a memoria da figura do profesor de cociña que dá nome ao concurso.

No apartado de coctelería, o xurado valorou a destreza, coñecementos e técnica dos participantes a partir de un recetario internacional.1-pontedeume