Martes, 20 Febrero, 2018
CONSUMO RESPONSABLE

1-FEBEr 01Uns cen alumnos da especialidade de servizos en restauración do CIFP Compostela, participan nunha charla sobre consumo responsable.

O obxectivo principal é proporcionar aos futuros profesionais da restauración e a hostalaría unha serie de coñecementos e habilidades que axuden a mellorar a xestión dun negocio, ao tempo que eviten os problemas asociados co consumo abusivo de alcohol, así como o consumo en determinados colectivos de risco como menores, condutores ou embarazadas.

Tratase de reducir e evitar mediante un servizo responsable os problemas asociados a esas circunstancias, tales como as perdas económicas e de prestixio, e incluso problemas legais. Deste modo, a través do traballo dos profesionais que venden ou serven bebidas alcohólicas, se transmiten uns hábitos saudables de consumo que redundan no beneficio da sociedade en xeral.

De este modo, os alumnos, aprenden, entre outros aspectos, a:

- Controlar e fomentar o non consumo en colectivos de risco, como menores e condutores.

- Informar aos usuarios da importancia de que a inxesta de bebidas con contido alcohólico sexa moderada e responsable.

O CIFP Compostela quere agradecer a FEBE, a través de D. Jacobo Peña, técnico responsable da charla, a súa colaboración, que ven efectuando dende fai uns anos. Queremos destacar a profesionalidade e didáctica aplicada deste técnico, que mediante unha linguaxe clara e próxima ao colectivo implicado, fai moi amena e sobre todo efectiva a charla sobre o consumo responsable.

1 FEBE