Luns, 18 Marzo, 2019
150 alumnos visitan Forum Gastronómico 2015
Martes, 17 de Marzo de 2015 10:27

Mais de 150 alumnos e profesores do CIFP Compostela, visitan o Forum Gastronómico 2015 en A Coruña.

Alumnos dos ciclos formativos de cociña e gastronomía, dirección de cociña, servizos en restauración e dirección de servizos en restauración, viaxaron entre os días 16 e 17 ao Forum Gastronómico-2015, que se está celebrando en A Coruña.

Esta actividade complementaria á formación, forma parte da programación anual do departamento de Hostalaría e Turismo que persegue o obxectivo de acercar ao alumnado a inquedanzas e tendencias da nova cociña, coctelaría e ofertas gastronómicas presentadas por cociñeiros, barmans e sumilleres de recoñecido prestixio internacional e firmas comerciais de alimentos e bebidas, estas últimas con incorporación de novidades no sector alimentario.

No Forum participaron en talleres temáticos con degustación con sesions activas, dinámicas e participativas, ademais de espectáculos de cociña en directo, diálogos entre cociñeiros, productores, enólogos, científicos e analistas gastronómicos con catas de viños, degustacións guiadas, etc..

Algunhas imaxes da visita: