Xoves, 20 Xuño, 2019
Presentación da destilería "Augardentes de Galicia"
Xoves, 16 de Abril de 2015 16:50

Alumnos dos ciclos medio e superior de servizos en restauración, participan nuha presentación da destilería "Augardentes de Galicia".

Nesta presentación asistiu en representación da destilería, D. Pepe Albela propietario e xerente da mesma adedmais de maestro destilador.

Nun clima amable e distendido, como é habitual, pepe Albela foi describindo paso a paso o proceso de elaboración da alta variedade de produtos que comercializa a afamada destilería; dende a augardente de bagazo, licor de herbas, licor café, pasando pola xenebra Nordeste, vodka e por último os vermouths.

Despois de cada presentación, os alumnos presentes poideron degustar e catar cada unha delas, valorando as cualidades organolépticas e calidade do produto.

Finalizando o acto cun coloquio de dúbidas xurdidas e novidades en proxecto, que a destilería ten pensado para o futuro inmediato.

Augardentes galicia