Martes, 21 Agosto, 2018
Medalla de ouro no SpainSkill-2015 en madrid para Gabriel Vilar Longarela

Medalla de OURO no Skill-2015 de Servizos de Restaurante e Bar en Madrid, para o alumno Gabriel Vilar Longarela do CIFP Compostela.

 

Este alumno do ciclo superior de Dirección de Servizos en Restauración ven de acadar un dos mais altos galardóns dentro da formación profesional, ser campión de España das olimpiadas de formación profesional, SpainSkill-2015. 

 Gabriel-5

 

As olimpíadas de formación profesional ou Skill, consisten en varias probas de profesionalidade, relacionadas coa especialidade, neste caso na final nacional en Madrid, Gabriel tivo que superar a todos os representantes do resto das Comunidades Autónomas executando con destreza e profesionalidade, probas como: una cata cega de licores, destilados, espirituosos, augardentes e de viños, cocteles, preparación e servizo dunha ensalada de froitas á vista do cliente, elaboración e servizo de varios tipos de cafés, capuccino, irlandés,…, montaxe e posta a punto dunha sala para o servizo dun menú concertado, servizo de gala con desespiñados, trinchaxes, racionados, etc., con varios aperitivos, robaliza ó sal, carré de cordeiro, sobremesas, cafés e viños maridados con estes pratos.

 

Gabriel xa foi campión de Galicia en novembro de 2014, o que lle valeu para ir na selección galega do SpainSkil-2015, agora representará a España na final mundial WordSkil-2015 no vindeiro mes de agosto en São Paulo (Brasil).

 

Non parece casualidade o logro deste premio, pois nas últimas edicións de Skill, esta xa é a segunda medalla de ouro lograda por una alumno do CIFP Compostela que sumado á conseguida por outro alumnos do IES de Vilamarín, fan un total de tres, a metade das que Galicia participou.

 

Sen dúbida deste galardón tamén ten parte de culpa o profesorado do equipo docente de Gabriel, e en especial o profesor D. Manuel L. Brea, quen tutelou ao alumno durante a súa preparación para o concurso.

Skill-15-2  Skill-15-3

 

Skill-15-1