Mércores, 24 Abril, 2019
Oferta educativa FP Dual no vindeiro curso 2015-16

Segundo a ORDE do 3 de xuño de 2015 (DOGA do 15-06-2015), pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, o CIFP Compostela ten autorizada a seguinte oferta educativa:

Cód. Centro

Centro

Cód. Ciclo

Ciclo formativo de grao superior

Empresa colaboradora

15016000

CIFP Compostela

SHOT01

Xestión de aloxamentos turísticos

Arlea Hotels, S.L.U.

Oferta educativa en FP Dual do CIFP Compostela para o vindeiros cursos 2015-2016 e 2016-2017

Ciclo formativo de grao superior de xestión de aloxamentos turísticos

Curso 2015/16

MP0171- Estrutura do mercado turístico

MP0172- Protocolo e relacións públicas

MP0177 -Recursos humanos no aloxamento

MP0178- Comercialización de eventos

MP0179- Inglés

MP0182- Formación e orientación laboral

Curso 2016/17

MP0173- Márketing turístico

MP0174- Dirección de aloxamentos turísticos

MP0175- Xestión do departamento de pisos

MP0176- Recepción e reservas

MP0180- Segunda lingua estranxeira

MP0181- Proxecto xestión aloxamento turístico

MP0183- Empresa e iniciativa emprendedora

Importante:

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos para o curso 2015-2016 na convocatoria de xuño, tamén poderán se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia, no prazo ordinario de xuño-xullo. Neste caso:

            - As persoas seleccionadas nalgún dos proxectos de formación dual e que se matriculen  no ciclo do proxecto solicitado, expresamente están renunciando a seguir no procedemento de admisión a ciclos formativos; non serán adxudicadas e non poderán formalizar matrícula ningunha na modalidade presencial ou a distancia.

            - As persoas non seleccionadas nos proxectos de formación dual, seguirán no procedemento de admisión a ciclos formativos e se é o caso, poderáselle  adxudicar  unha praza para que posteriormente realicen a matrícula nos prazos establecidos.

Para mais información sobre a admisión e matricula prema na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/instruccions-proceso-admision-proxectos-formacion-profesional-dual-convocatoria-2015