Xoves, 17 Agosto, 2017
UNIFORMES 
UNIFORMES E EQUIPO BASICO 
 
En virtude do establecido nas Normas de Organización e Funcionamento (NOF) do CIFP Compostela, relacionadas co desenvolvemento das clases onde se indica a obrigatoriedade de ter na aula o material escolar da/o alumna/o, propio de cada módulo, así como para o cumprimento do procedemento para a prevención e seguimento de seguridade, hixiene e imaxe persoal di textualmente: 
O alumnado utilizará obrigatoriamente os equipos de protección individual (EPIS), e a roupa de traballo adecuada en todas as actividades prácticas susceptibles de sufrir danos, por en risco a seguridade persoal e a dos demais compañeiros ou de manipulación de alimentos (segundo módulo), e ademais onde así o estableza o departamento correspondente.
O alumnado acudirá as clases que se desenvolven en talleres, co uniforme completo que foi requirido ao inicio do curso, respectando as normas de uniformidade acordadas polos departamentos afectados”.
 
Obrigas do alumnado
 
O alumnado deberá acudir as clases, nos talleres de Hostalaría e Turismo e de Industrias Alimentarias co seguinte uniforme e equipo básico, atendendo ao ciclo formativo no que estea matriculado/a: