DAMIAN NOVOA SEIJAS
Campión de España de Baristas en Málaga, na X edición do FORUM CULTURAL DO CAFÉ.
Damian Novoa Seijas, que concursaba representando a Galicia, como campión galego 2015, concursou xunto a outros 15 candidatos de diferentes comunidades autónomas. O concurso celebrado no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga o pasado xoves quince de outubro
|
|
.
No concurso, debía preparar en 16 minutos 4 espressos, 2 cappuccinos arte, 2 bebidas especialidade sen alcol coa base do espresso e 2 bebidas especialidade con alcol coa base do espresso, nesta mesma orde e sen posibilidade de alterar a orde de presentación das bebidas. Dispuxo ademais, de 15 minutos previos á competición para a preparación do moído, comprobación e limpeza da máquina e distribución de todos os utensilios que precisase para a súa participación encima da mesa de traballo.
Damián Novoa conseguiu cunha inmellorable técnica e un exercizo impecable combinando, por un lado, café con licor de cereixa e marmelada de ciruela; e por outro o propio café con infusión de mango, xenxibre, salsa de caramelo e clara de ovo. Obtivo premio non só como o Mellor Barista de España 2015, senón que tamén o obtivo o premio á Mellor Bebida de Especialidade e á Mellor Latte Art. Nesta última modalidade xa obtivo premio na edición do ano 2011.
Parabéns para este exalumno aventaxado, que con moita dedicación e constancia no esforzo profesional, demostrounos que se pode chegar lonxe nas metas que un se propoña. Queda ahí un exemplo para futuras xeracións de Baristas.
O CIFP Compostela quere agradecer tamén a Damián a súa preocupación e implicación na formación de fururos profesionais e como non, pola súa desinteresada sempre dispoñibilidade hacia o centro educativo. Moita sorte.
Leer mais:
https://www.facebook.com/cifp.compostela
http://www.lavanguardia.com/ocio/20151017/54437286072/gallego-damian-seijas-mejor-cafe-espana.html#ixzz3oztHeluR http://www.forumdelcafe.com/noticias/405/El-gallego-Damian-N-Seijas-Campeon-Nacional-de-Baristas-Forum-Cafe-2015#.ViSfadLhBQI
Mais información sobre as bases do concurso:
http://www.forumdelcafe.com/img/pdf/6.Normativa_y_Reglamentacion_de_los_Campeonatos_2.pdf.

|