Sábado, 16 Febrero, 2019
Formación contínua con produtos da casa Braun

Ao longo do presente curso académico, véñense desenvolvendo actividades de formación contínua no CIFP Compostela, en colaboración con diferentes empresas e sectores profesionais, que permiten ofrecer unha formación específica, en na maioría dos casos monográfica.

Estas actividades son moi variadas como, de funcionamento e manexo de equipos e maquinaria de nova incorporación ao sector produtivo, de promoción de carpeta comercial, de formación contínua a profesionais do sector, etc.

Unha destas actividades desenvolveuse en dous dias, 11 e 12 de novembro deste curso 2015-2016, adicada o dia 11 á formación contínua de traballadores de empresas de pastelaría, xeladaría e restauración pola firma Martin Braun, S.A.. Asistiron preto de trinta profesionais de empresas do sector mencionado, que elaboran con produtos da firma Braun.

O día 12 foi adicado a alumnos do CIFP Compostela, como actividade complementaria á formación dos ciclos formativos de grao medio de Panadaría, repostaría e confeitaría e ciclo superior de Dirección de cociña, 40 alumnos dos ciclos mencionados, acompañados polos seus profesores e profesoras.

Martin Barun, S.A., forma parte do grupo Oetker, multinacional alemana propiedade de la familia Oetker, con intereses diversificados en varios sectores, donde destaca a alimentación, cervexería e transporte.

Dentro de estes surtidos traballan con tres tipos de produtos: 

• Semielaborados que necesitan un proceso de transformación para obter o produto final (ej. mix para biscoito).

• Chocolates, decoraciós e salsas listas para consumir ou aplicar (ej. siropes). 

• Pastelería conxelada doce e salgada lista para o forno ou ben consumir (ej. croissant).

Martin Braun conta con plantas de produción en Alemania (3), España, Suiza, Italia, Francia e delegacións comerciais propias en Polonia, Hungría, Turquía e Singapur en mais de 70 países. 

Algunhas imaxes da actividade do día 12: