Xoves, 22 Agosto, 2019
As conservas de peixes e mariscos protagonistas no CIFP Compostela

O pasado martes 24 de novembro de 2015, ANFACO-CECOPESCA, en colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, celebrou un show cooking no CIFP Compostela, onde os futuros cociñeiros poideron comprobar en direto a versatilidade na cociña das conservas de peixes e mariscos.

O chef Javier Rodríguez Ponte "Taky” foi o encargado de elaborar diversos pratos con conservas de peixes e mariscos, demostrando a versatilidade culinaria destes produtos do mar.

Anfaco-1 

 

Este show cooking foi impartido polo cociñeiro Javier Rodríguez Ponte "Taky” do Grupo Nove, que estuvo acompañado polo Secretario Xeral de ANFACO-CECOPESCA, Juan Vieites; o Director Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro e María Eugenia Pérez Fernández, ‎Subdirectora Xeral de Formación Profesional.

A actividade, asistiron alumnos de segundos cursos de Cociña acompañados dos seus profesores.

Para ver mais información, ver enlace de ANFACO: http://www.anfaco.es/es/categorias.php?var1=Noticias&var2=Noticias&var3=&nar1=0&nar2=718&nar3=1176

Algunhas imaxes da actividade.

Anfaco-2 Anfaco-3 Anfaco-4