Sábado, 16 Febrero, 2019
2º Encontro Internacional de Formación Profesional de Galicia, Castela e León, e Portugal
A rede galega de Formación Profesional de hostalaría, como espazo para a innovación, a reflexión e o intercambio de experiencias para o sector, acolle o 2º Encontro, no marco da macrorrexión de Galicia, Castela e León, e o Norte de Portugal, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 2º
Este 2º Encontro que se celebrou no CIFP Compostela de Santiago de Compostela, tivo como fío condutor a posta en valor dos produtos do mar no sector da hostalaría e a súa utilización como factor diferenciador e impulsor da competitividade das empresa nun sector extratéxico para a nosa economía.
Na inauguración do encontro estiveron presentes D. Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e  Dna. Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Mar, ademais de numerosos prefesionais do sector, directivos, profesores e alumnos/as, dos diferentes centros educativos participantes.