Xoves, 22 Xuño, 2017
GUÍA DO ALUMNADO 

Índice

1.        Planos, localización e acceso. 2

2.        Calendario  2016/17. 3

Calendario escolar 2016-2017. 3

Horario do Centro. 4

3.        Horario de  dirección e secretaría. 4

Horario de equipo directivo. 4

Horario de secretaría. 4

4.        Servizos do centro. 5

5.        Oferta educativa. 5

6.        Extracto de programacións. 5

7.        Uniformes. 6

Uniformes e equipo basico. 6

Obrigas do alumnado. 7

8.        Regulamento - NOF do CIFP Compostela. 7

Validacións e exencións. 7

Faltas de asistencia. 8

Baixa de oficio e anulación da matrícula. 8

Traslado 8

Renuncia 8

9.        Bolsas e ofertas de emprego

10.      Formación en centros de traballo. 9

11.      Programas europeos. 9

12.      Normas en caso de evacuación. 9

13.      Política de calidade

 

Web do CIFP Compostela: www.cifpcompostela.edu.es

 

CALENDARIO ESCOLAR do CIFP Compostela 2016-2017

Falta por elixir un día, non lectivo, de libre elección polo CIFP Compostela

Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Horario do Centro

As actividades lectivas desenvolveranse en horario de mañá e de tarde. En sesións de 60 minutos. O horario para a oferta ordinaria comezará ás 9:00 horas ate completar o horario de cada ciclo formativo, e o da oferta modular estará comprendido entre ás 16:00 e ás 22:20 horas.

O alumnado que acceda aos comedores-talleres do CIFP Compostela, para xantar ou cear, deberá consultar os horarios que para tal fin estableza o Departamento de Hostalaría e Turismo, sendo habitualmente o acceso ás 14:00 e remate ás 15:50 horas e de 20:20 a 22:10 horas.

 

Horario de equipo directivo

HORA

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

09:00-10:00

Director
Vicedirector
Xefe Estudos
Vicedirector
Director
Vicedirector
Xefe Estudos
Secretario
Xefe Estudos
Director
Secretario
Xefe Estudos
Director
Vicedirector

10:00-11:00

Secretario
Director
Vicedirector
Secretario
Xefe Estudos
Vicedirector
Director
Vicedirector
Xefe Estudos
Secretario
Xefe Estudos
Director
Secretario
Xefe Estudos
Director
Vicedirector

11:00-11:30

Secretario
Director
Vicedirector
Secretario
Xefe Estudos
Vicedirector
Director
Vicedirector
Secretario
Xefe Estudos
Director
Secretario
Xefe Estudos
Director
Vicedirector

11:30-12:30

Secretario
Director
Vicedirector
Secretario
Xefe Estudos
Vicedirector
Xefe Estudos
Director
Vicedirector
Secretario
Xefe Estudos
Director
Secretario
Xefe Estudos
Director
Vicedirector

12:30-13:30

Secretario
Director
Vicedirector
Secretario
Xefe Estudos
Xefe Estudos
Director
Vicedirector
Secretario
Xefe Estudos
Director
Xefe Estudos
Director
Vicedirector

13:30-14:30

Secretario
Vicedirector
Secretario
Xefe Estudos
Xefe Estudos Vicedirector
Secretario
Director
Vicedirector

14:30-15:00

Secretario
Secretario
 
 
 
 

15:00-16:00

 
 
 
 
 

16:00-17:00

Xefe Estudos
Director
Secretario
Vicedirector
 

17:00-18:00

Xefe Estudos
Director
Secretario
Vicedirector
 

18:00-19:00

Xefe Estudos
Director
Secretario
Vicedirector
 

19:00-19:20

Xefe Estudos
Director
Secretario
Vicedirector
 

19:20-20:20

Xefe Estudos
Director
Secretario
Vicedirector
 

20:20-21:20

Xefe Estudos
Director
 
Vicedirector
 

21:20-22:20

 
Director
 
 
 

Horario de secretaría

De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.

Ademáis polas tardes dos luns e os xoves de 16:00 a 18:00 horas.

 

 

A Biblioteca do Centro permañecerá aberta para a consulta de libros técnicos e para que poida levar aqueles libros e produtos multimedia que desexe, dos de consulta xeral. Poderá solicitar novas incorporacións ao catálogo da mesma. Horario de 9:00 ata as 14:30 e de 16:00 ata as 22:20 horas.

O CIFP Compostela ten un servizo de comedor. Terá que solicitar o bono para cada mes en conserxería antes do comezo de cada período mensual. O prezo do servizo será fixado polo Departamento de Hostalaría e Turismo, ao comezo de cada curso escolar.

Para este curso 2016-2017, será de: 4,00€/xantar/día.

 

O CIFP Compostela ten actualmente catro familias profesionais coa oferta educativa, que pode ver premendo nas seguintes ligazóns:

Formación regrada

Formación a distancia

Formación DUAL

 

hostalaria HOSTALERÍA E TURISMO

Oferta ordinaria

Ciclos formativos de fp básica

CBHOT02-Aloxamento e lavandaría: 1º CURSO

CBHOT01-Cociña e Restauración: 1º CURSO  2º CURSO

Ciclos formativos de grao medio

CMHOT01 Cociña e gastronomía: CURSO-1ºA  CURSO-1ºB  CURSO-2ºA  CURSO-2ºB

CMHOT02 Servizos en restauración: 1º CURSO  2º CURSO

Ciclos formativos de grao superior

CSHOT04 Dirección de cociña: 1º CURSO  2º CURSO

CSHOT05 Dirección de servizos de restauración: 1º CURSO  2º CURSO

CSHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos: 1º CURSO  2º CURSO

Oferta modular

Ciclos formativos de grao medio

ZMHOT02 Servizos en restauración

ZMHOT01 Cociña e gastronomía

Ciclos formativos de grao superior

ZSHOT04 Dirección de cociña

ZSHOT05 Dirección de servizos de restauración 

ZSHOT01 Xestión de aloxamentos turísticos (DISTANCIA)

graficas ARTES GRÁFICAS

Oferta ordinaria

Ciclos formativos de fp básica

CBARG01-Artes gráficas: 1º CURSO  2º CURSO

Ciclos formativos de grao medio

CMARG01-Impresión gráfica: 1º CURSO  2º CURSO

CMARG02 Preimpresión dixital: 1º CURSO  2º CURSO

alimentaria INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

Oferta ordinaria

Ciclos formativos de grao medio

CMINA01 Panadaría, repostaría e confeitaría: 1º CURSO  2º CURSO

sociocultuaris SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E A COMUNIDADE

Oferta ordinaria

Ciclos formativos de grao medio

CMSSC01 Atención a persoas en situación de dependencia: 1º CURSO  2º CURSO

Ciclos formativos de grao superior

CSSSC01 Educación infantil: 1º CURSO  2º CURSO

CSSSC02 Integración social: 1º CURSO  2º CURSO

Oferta modular

Ciclos formativos de grao medio

ZMSSC01 Atención a persoas en situación de dependencia. 1º ANO  2º ANO

Ciclos formativos de grao superior

ZSSSC01 Educación infantil: 1ºANO  2ºANO

 

Uniformes e equipo basico 

En virtude do establecido nas Normas de Organización e Funcionamento (NOF) do CIFP Compostela, relacionadas co desenvolvemento das clases onde se indica a obrigatoriedade de ter na aula o material escolar da/o alumna/o, propio de cada módulo, así como para o cumprimento do procedemento para a prevención e seguimento de seguridade, hixiene e imaxe persoal di textualmente: 

“– O alumnado utilizará obrigatoriamente os equipos de protección individual (EPIS), e a roupa de traballo adecuada en todas as actividades prácticas susceptibles de sufrir danos, por en risco a seguridade persoal e a dos demais compañeiros ou de manipulación de alimentos (segundo módulo), e ademais onde así o estableza o departamento correspondente.

 O alumnado acudirá as clases que se desenvolven en talleres, co uniforme completo que foi requirido ao inicio do curso, respectando as normas de uniformidade acordadas polos departamentos afectados”.

Obrigas do alumnado

O alumnado deberá acudir as clases, nos talleres de Hostalaría e Turismo e de Industrias Alimentarias co seguinte uniforme e equipo básico, atendendo ao ciclo formativo no que estea matriculado/a:

 Formación profesional básica de cociña e restauración (1º e 2º curso)

 Ciclo medio de servizos en restauración (1º e 2º curso)

 Ciclo medio de cociña e gastronomía (1º e 2º curso)

 Ciclo medio de panadaría, repostaría e confeitaría (1º e 2º curso)

 Ciclo supeiror de dirección de cociña (1º e 2º curso)

 Ciclo superior de dirección de servizos en restauración (1º e 2º curso)

 

O CIFP Compostela establece as Normas de Organización e Funcionamento (N.O.F.), baseadas na normativa vixente. Este documento inclúe o Plan de convivencia que ten como base xurídica o disposto no Decreto 8/2015 do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa (DOG núm.17, martes, 27 de xaneiro de 2015). Este documento atende aos principios de eficacia e calidade na educación, de organización, respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, de prevención e tratamento das situacións conflitivas no Centro e de recoñecemento ao profesorado.

Este  N.O.F. e Plan  de convivencia é de aplicación para toda a Comunidade educativa que pertenza ao CIFP Compostela, que foi aprobado en Claustro no 29 de xuño de 2015 e refrendado en reunión do Consello Social do CIFP Compostela o 10 de xullo de 2015.

Pode ser consultado na seguinte ligazón:  CIFP_COMPOSTELA_NOF

Validacións e exencións

As solicitudes de validacións de múdulos, por estudos cursados ou por acreditación de unidades de competencia presentaranse perante  a dirección do centro dentro dos primeiros vinte días contados desde o comezo das clases. Esa solicitude presentarase segundo modelo proporcionado pola Secretaría do centro e irá acompañada polo DNI e certificación académica oficial dos estudos cursados ou certificado de profesionalidade.

Importante: ata que non reciba o documento que acredite a validación do múdulo, deberá seguir asistindo a clase regularmente. De non ser así, podería perder o dereito  á avaliación continua, no caso de ser denegada a validación.

A solicitude de exención do módulo de FCT presentarase así mesmo no modelo proporcionado por Secretaría (Artigos 41 e 42 da Orde do 12 de xullo de 2011).

Faltas de asistencia

A Orde do 12 de xullo de 2011, regula as faltas de asistencia do alumnado, asi como a avaliación.

O CIFP Compostela aplica a normativa sobre faltas de asistencia, tal e como se describe no apratado 8, do NOF do CIFP Compostela. Para consulta a mais información prema na seguinte ligazón da Normativa de Organización e Funcionamento do CIFP Compostela.

Baixa de oficio e anulación da matrícula.

O alumnado que non asista durante os cinco primeiros días lectivos do curso, será notificado para que no plazo máximo de tres días contados dende o recibo da notificación, se incorpore de inmediato ou xustifique debidamente a inasistencia. De non ser así  poderá ser dado de baixa de Oficio. (Artigo 9 da Orde do 12 de xullo de 2011).

As alumnas/os poderán tamén solicitar a anulación da matrícula una semana antes da finalización do proceso de matrícula (Artigo 9 da Orde do 12 de xullo de 2011).

Aquelas/es alumnas/os que non asistan inxustificadamente de xeito continuado durante 15 días ou 25 días de xeito descontinua causarán baixa de oficio (Artigo 10 da Orde do 12 de xullo de 2011).

Traslado.

O traslado solicitarase no centro onde se queren seguir cursando os estudos e deberá xustificarse por causa de doenza, traballo ou traslado de domicilio de titores legais. Nunca se autorizará de perderse o dereito á avaliación continua, renunciase ou causase baixa. Non se tramitarán solicitudes durante o último mes antes da avaliación final ou a previa á FCT (Artigo 14 da Orde do 12 de xullo de 2011).

Renuncia.

Un/ha alumno/a poderá renunciar á avaliación e cualificación da totalidade dos módulos do ciclo (ou de forma parcial en réxime de adultas/os) de forma razoada cunha antelación mínima de dous meses antes da avaliación final en primeiro curso ou da avaliación previa a FCT en segundo (Artigo 8 da Orde do 12 de xullo de 2011).

 

Bolsas

Recorden que o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación (MEC) remata o 30 de setembro. Para  información e solicitudes prema na seguinte ligazón:

http://www.mecd.gob.es/microsites/educacion/becas/2014/estudios-no-universitarios.html

 

Ofertas de emprego

O CIFP Compostela, publica ofertas de traballo das diferentes especialidades técnicas impartidas ao longo da historia do centro. Este servizo é gratuíto para todo o alumnado matriculado e antigo alumnado, que desexe incorporarse a algunha das prazas de traballo ofertadas.

Para acceder ás ofertas pode premer na seguinte ligazón:  Ofertas de emprego

 

A Formación en Centros de Traballo é un módulo profesional, que se realiza en empresas coas que o CIFP Compostela ten un convenio de colaboración. Nesas empresas realizará, baixo a supervisión dun/ha titor/a no centro de traballo e outro/a do CIFP Compostela as actividades produtivo formativas, para as que se formou vostede, no CIFP Compostela. Desenvolverá as capacidades adquiridas previamente,  nun entorno produtivo. 

Accederase á FCT una vez superados os todos os módulos do ciclo formativo.

A FCT, comenzará de forma normal en abril, no terceiro trimestre do segundo curso. Para o alumnado da oferta modular, será habitualmente no primeiro trimestre do terceiro curso.

O alumnado accede á FCT na empresa asignada polo equipo docente, respectando as seguintes condicións: CLAUSULAS DE CONVENIO CON EMRESAS PARA FCT

Para saber máis:

Orde do 28 de febreiro de 2007, DOG do 8 de marzo de 2007  

http://www.edu.xunta.es/fp/fct

 

O CIFP compostela é poseedor da carta Erasmus e á súa vez mantén colaboración con consorcios educativos, para a mobilidade de estudantes de ciclos formativos de grao medio.

Toda a información sobre programas europeos, para cilos medios e superiores, pode atopala na web do CIFP Compostela, premendo nas seguintes ligazóns:

Para prácticas de ciclos medios: Erasmus+KA102

Para prácticas de ciclos superiores: Erasmus+KA103

 

Se detectades un lume:

     Comunicádello ao persoal do centro máis próximo que atopedes

     Non tratedes de apagar o lume

     Abandonade o edificio

     Unídevos ao/á profesor/a na área establecida de reunión para o voso grupo

Se soa a alarma de evacuación:

     Mantede a orde

     Atendede as indicacións do profesor

     Non vos demoredes recollendo obxectos persoais

     Saíde de forma ordenada e sen correr

     Non faledes durante a evacuación

     Permañecede no punto de reunión preto do/a profesor/a da súa clase. Se no se chegase co/a profesor/a ao lugar de reunión, comunirédeslle a vosa presenza unha vez que chegue

     Esperade instrucións

 

Presentámoslle a política de calidade do CIFP Compostela,  e convidámoslle a participar coa súa opinión a través da caixa de suxestións e queixas. Contribuirá deste xeito á mellora do noso sistema de xestión da calidade.

O CIFP Compostela intégrase con 18 centros integrados máis da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, nun sistema de calidade, certificados de forma conxunta. Este certificado garante que os procesos nos centros integrados (dentro del e entre eles) se realicen sempre do mesmo xeito, de forma que se optimicen os recursos de toda a rede para que, os membros da comunidade educativa aproveiten as sinerxias que se producen da homoxeneización dos procesos.

Buzón de Suxestións e queixas