Sábado, 28 Novembro, 2020

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.
  
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
 
As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.
 


 

Datas e horarios para o desenvolvemento da fase de avaliación do proceso de Acreditación de Competencias segundo a ORDE do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais

 

AFASE DE AVALIACIÓN. ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS.  COMISIÓN DE AVALIACIÓN DE PANADARÍA, RESPOSTARÍA E CONFEITARÍA


DATA
 
HORARIO AULAS

Martes
21/07/2020
 
De 10:00 a 12:00 horas 201
202

 
 

 

 

 FASE DE AVALIACIÓN. ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS.  COMISIÓN DE AVALIACIÓN DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

As probas desenvolveránse en dúas quendas, en xullo e setembro segundo as datas e horarios establecidos no calendario que se pode consultar no seguinte enlace: Calendario fase avaliación - Educación Infantil.
Os candidatos e candidatas poderán consultar na plataforma de acreditación de competencias o seu plan individualizado de avaliación.

 

 

FASE AVALIACION ESPECIALIDADE COCIÑA E GASTRONOMIA.  ACREDITACIÓNS DE COMPETENCIAS 2020

Nota informativa para os candidatos/as no proceso de Acreditacións de Compentencias 2020 da especialidade de Cociña e Gastronomía:

Publícase o calendario da fase de avalicación no seguinte enlace: CONVOCATORIA DE PROBAS: FASE DE AVALIACIÓN.

 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2020

Informamos do correo electrónico de contacto para Acreditación de competencias:

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Pregamos utilicen esta conta para facilitar a comunicación.

 

Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal. Convocatoria 2020

 

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 12 de xuño de 2020, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 29 de novembro pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

A Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa do 26 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento do proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B), recolle no seu punto 4.b que o asesoramento é obrigatorio e realizarase, con carácter xeral, de forma telemática.

A convocatoria á reunión reflectirase no expediente da persoa candidata na aplicación informática de xestión do procedemento. Cumprirá que a persoa candidata realice a confirmación da súa recepción na mesma aplicación.

Pódese consultar o calendario e horario para a primeira reunión grupal na seguinte ligazón:

Lembre que nesta primeira reunión deberá presentar o xustificante do pago da fase de asesoramento (para máis información consulte a páxina Taxas para ver as posibles excepcións ou a páxina de inicio da aplicación informática de xestión do procedemento).

No caso de que este asesoramento teña lugar de forma presencial e durante a realización deste, respectaranse todas as medidas de prevención e hixiene recollidas no protocolo do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a realización da avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2020, así como o establecido na Resolución, do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da consellería ou calquera outra medida establecida para os centros educativos.

 

Máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp/fase-asesoramento-2020

 

 

Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2020

Data da publicación: 16-06-2020

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para realizar un recurso de alzada: do 13 de xuño ao 12 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar un recurso de alzada no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú, e posteriormente entregalo nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa.

Nas listaxes definitivas figuran as persoas admitidas e/ou excluídas agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

A continuación pode consultar a listaxe definitivas de persoas admitidas e excluídas no CIFP Compostela:

15016000 - CIFP Compostela

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

Listaxe definitiva de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria

Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/fp/definitivas-admitidos-excluidos-acreditacion-2020

 

Novas datas para o desenvolvemento do proceso de acreditación de competencias. Convocatoria 2020

 Mar, 26/05/2020 - 17:51

Publicada a Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre o restablecemento do procedemento de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na comunidade autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

 Resolución do 26 de maio de 2020

Máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp/acreditacion